Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo destaca o compromiso do Festival o Son do pazo coa música tradicional galega

Anxo M. Lorenzo destaca o compromiso do Festival o Son do pazo coa música tradicional galega

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Cultura pon en valor a riqueza que amosa esta cita incluída na campaña ‘CulturON’ da Xunta de Galicia

O Pazo de Mos acollerá actuacións musicais, competicións e obradoiros desde o sábado 31 de agosto ao domingo 1 de setembro

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do cartel do IX Festival Intercéltico O Son do Pazo 2024, unha iniciativa que terá lugar co apoio da Xunta de Galicia no Pazo de Mos entre o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro.Na presentación, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o gran labor deste festival ao amosar e difundir a riqueza musical de raíz feita en Galicia. Nesta mesma liña, o director xeral de Cultura tamén destacou o papel do evento coma divulgador da danza tradicional galega e a súa capacidade de conectar á cultura cos asistentes a través de obradoiros e competicións. Así mesmo, lembrou que este festival forma parte da campaña CulturON que ten en marcha a Xunta de Galicia para os meses de verán cunha media de 30 actividades diarias.A programación do sábado contará coas actuacións da banda de gaitas Airiños do Castelo, Korrontzi, Xosé Lois & Aliboria, Alana e La Duendeneta. O domingo, pola súa banda, os asistentes poderán desfrutar dun obradoiro de baile impartido por Miguel Pardo, dunha actuación musical de Os Melidaos e dunha sesión de animación infantil con Paco Nogueiras. A axenda complétase coa celebración da III edición das Olimpiadas Rurais, a ambientación musical por parte do Grupo de Gaitas do Abrente e a primeira edición do Concurso de Cuartetos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN