Xunta de Galicia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña "Somos Olímpicos" ata Ribeira

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña “Somos Olímpicos” ata Ribeira

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia da Coruña no pasado ano 2023, con 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) leva o xoves 4, o venres 5 e o sábado 6 de xullo ata Ribeira, a campaña especial de doazón “Somos Olímpicos,” que tenta sensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón de sangue nos meses de verán.Deste xeito, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada diante do xeriátrico de Ribeira o xoves, de 16.15 ás 21.00 horas; o venres, das 10.15 ás 14.00 e das 16.15 ás 21.00; e o sábado, de 10.15 ás 14.30; para atender a todas as persoas que desexen participar. Ademais, o venres ao carón da unidade móbil disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán durante estes tres días, como agasallo, unha camiseta co lema da campaña.Esta iniciativa desenvolverase en 23 concellos galegos e forma parte da campaña especial de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. ADOS lembra que, todos os días, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue e, nos meses de verán, debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, é preciso reforzar o permanente chamamento á solidariedade que a Axencia traslada á cidadanía.A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que, no pasado ano 2023, Ribeira rexistrou un total de 1.369 doazóns de sangue, o que supuxo a obtención dun índice de 51 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, situándose entre os concellos con maior taxa de doazón da provincia de A Coruña. Neste sentido, ADOS quere trasladar a todos os veciños e veciñas deste concello o seu recoñecemento polo seu altruísmo e solidariedade.Así mesmo, a Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal polo seu decidido e constante apoio ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial “Somos Olímpicos”, como no resto de visitas das unidades móbiles de ADOS desenvolvidas en Ribeira durante todo o ano.Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información

para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN