Xunta de Galicia

Belén do Campo anima ás entidades e centros de formación da Coruña a solicitar as axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

Belén do Campo anima ás entidades e centros de formación da Coruña a solicitar as axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Este programa, que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado, vén de reforzarse cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros

Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral

Tamén como novidade, o alumnado sen a titulación necesaria para acceder a un curso poderá formarse dun xeito simultáneo e, ademais, habilítase a posibilidade de estudar un curso completo ou módulos específicos, dentro da aposta pola flexibilización

As especialidades formativas prioritarias considéranse para toda Galicia e tamén por bisbarras concretas, potenciando as máis precisas para axustar oferta e demanda e avaliando a súa empregabilidade

O prazo de solicitude das axudas para entidades formativas prolongarase ata o próximo 9 de agosto

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse hoxe cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Galicia para animar as entidades e centros de formación a solicitar as axudas para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024–2025. Esta entidade, que conta con 1.200 asociados ademais de ser un referente no eido nacional na formación en hostalería, foi beneficiaria destas achegas o ano pasado o que lle permitiu impartir cinco cursos no seu centro gracias a unha aportación do Goberno galego de máis de 300.000 euros. O prazo de solicitude das achegas xa está aberto e prolongarase ata o próximo 9 de agosto. Belén do Campo lembrou que o ano pasado nos concellos da comarca da Coruña impartíronse 191 cursos que contaron cun apoio de máis de 9,3 millóns de euros, dos cales 131 cursos se celebraron na cidade da Coruña cunhas achegas da Xunta que ascenderon a máis de 6,4 millóns de euros en 29 centros de formación coruñeses.A delegada explicou que esta orde conta cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos. Con este presuposto aspírase a cualificar unhas 18.000 persoas sen traballo. A Xunta continúa así a reforzar a formación para o emprego co reto principal de axustar as accións formativas aos perfís que demanda o tecido produtivo e de dar resposta, deste xeito, ás vacantes que existen no mercado laboral. A delegada da Xunta considerou de “gran importancia” estes talleres e asegurou que hai un “gran compromiso” por parte da Xunta co fomento do emprego e o ofrecemento de ferramentas “útiles” que axuden á formación. “Estes investimentos teñen un gran impacto na vida das persoas. Non só porque poden aprender un oficio ou mellorar as habilidades que xa teñen, senón porque as poñemos directamente en contacto co mundo laboral e sabemos que moitas veces iso é o máis difícil”, engadiu.Para optar a estes apoios darase prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras nas oficinas de emprego, revisándose e modificándose esta relación de materias formativas consideradas como prioritarias, ademais de avaliarse a súa empregabilidade. Entre os perfís que están a ser máis requiridos destacan os vinculados coa atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, auxiliares de servizos administrativos e xerais, transporte sanitario, actividades auxiliares de almacén ou operacións básicas de cociña, entre outros. Estas especialidades formativas prioritarias considéranse por bisbarra ou a nivel de Galicia e, ademais de estar coordinadas co tecido produtivo galego, contan cun estudo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Deste xeito, cando se detecta demanda dunha formación concreta que impacta nun número elevado de comarcas, a priorización será para toda Galicia; e cando existe unha forte demanda focalizada nunha ou máis bisbarras concretas, pero que non está xeneralizada para todo o territorio, prímase a impartición desas especialidades formativas naquelas zonas específicas nas que se detectou a necesidade. Os apoios autonómicos van dirixidos de xeito prioritario ás persoas desempregadas, aínda que tamén poden participar nos cursos as persoas traballadoras ocupadas ata un límite do 30% das prazas, sempre e cando non se cubran con persoas sen emprego. A convocatoria tamén presenta importantes novidades no referido ao acceso do alumnado aos cursos. Por vez primeira, non se esixirá ter a titulación precisa para un curso de xeito previo, permitindo formarse en paralelo. Isto quere dicir, na práctica, que un alumno sen Bacharelato que desexe estudar un grao C de nivel 3 –a efectos académicos, equivalente a ese nivel educativo– poderá estudar, á vez, o curso formativo e as competencias claves precisas para obter este certificado profesional.Ademais, tamén como novidade, o alumnado poderá estudar un curso completo ou módulos específicos incluídos nun certificado profesional, dentro da aposta da Xunta por flexiblizar ao máximo a formación e axustala ás necesidades de empresas e traballadores. Poden ser beneficiarias destas axudas as entidades e centros de formación que estean acreditados ou, de ser o caso, inscritos para impartir en Galicia as ofertas formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos B e C (correspondentes á obtención dos certificados de competencia e profesionais) e/ou as competencias clave para as cales se soliciten as axudas, xa sexa na modalidade presencial ou virtual.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín