Xunta de Galicia

O Bono Turístico da Xunta arranca a bo ritmo con preto da metade dos bonos descargados nas primeiras horas

O Bono Turístico da Xunta arranca a bo ritmo con preto da metade dos bonos descargados nas primeiras horas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Ata media mañá de hoxe xa se descargaron case 8.000 dos máis de 16.000 que este ano se poñen en circulación por un valor de 150? e cofinanciados pola Xunta

As persoas interesadas poden facerse con el a través da páxina bonoturismo.gal e como novidade, poden descargar ata dous bonos

O prazo para que se adhiran as empresas tamén continúa aberto e polo de agora a cifra de axencias e establecementos de aloxamento supera as 200

A nova campaña do Bono Turístico da Xunta arranca a moi bo ritmo, cun centenar de bonos turísticos emitidos por minuto nas primeiras horas e cun balance de preto da metade dos bonos descargados a media mañá de hoxe. O prazo para as descargas comezou ás 9,00 horas e ata o medio día descargáronse preto de 8.000 bonos, dos máis de 16.000 que están dispoñibles para a súa descarga.Os usuarios que desexen facerse cun bono turístico da Xunta pódeno facer a través da páxina web

. Son bonos en formato código QR cun importe de 150?, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90? para contar cun bono por valor de 150?). Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300? para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran. Os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.Tamén está aberto o prazo para que as empresas se adhiran. Neste sentido, a día de hoxe xa forman parte da campaña deste ano máis de 200 empresas, entre establecementos de aloxamento e axencias. O prazo de adhesión de establecementos continuará aberto ata o 2 de decembro. Poderán facelo tamén a través da páxina web

.A iniciativa –que naceu no contexto da pandemia para dinamizar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego– está consolidándose como una proposta que impulsa a actividade fóra de temporada alta e contribúe a apoiar o sector. Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M?: deles, durante a pandemia foron máis de 10M? (5M? co bono turístico sociosanitario e 5,8M? no ano 2021), aos que se suman os 3M? nos últimos dous anos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN