Xunta de Galicia

A campaña 'Días Azuis' da Xunta e a Federación Galega de Comercio para dinamizar o sector rexistrou máis de 120.600 compras

A campaña ‘Días Azuis’ da Xunta e a Federación Galega de Comercio para dinamizar o sector rexistrou máis de 120.600 compras

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de premios por valor de 20.000 euros aos clientes participantes que gañaron o sorteo da última edición desta iniciativa

A campaña chegou a uns 20.000 establecementos dunhas 160 localidades galegas

Os agasallos do sorteo entregados hoxe son tarxetas de prepago de 250 e 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos

Gabriel Alén destacou a importancia de accións coma esta para impulsar as vendas de comercio polo miúdo e garantir o mantemento dos negocios promovendo a remuda xeracional

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega de premios por valor de 20.000 euros da 12ª edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, iniciativa de dinamización do sector que se desenvolveu entre o 10 e o 30 de xuño. En total, a última edición desta campaña rexistrou máis de 120.600 tíckets, pertencentes a compras realizadas en arredor de 160 localidades galegas, contribuíndo así a incrementar as vendas e a animar aos consumidores a apostar polo comercio de proximidade galego.Os premios entregados hoxe son 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases desta campaña. Estes recoñecementos recaeron, no caso da provincia da Coruña, en clientes das localidades da Coruña, Santiago, Arzúa, Ribeira, As Pontes, Noia, Melide, Betanzos, Negreira, A Pobra de Caramiñal, Santa Comba, Arteixo, Ferrol, Sigüeiro, Rianxo e Carballo.Na provincia de Lugo, os agraciados son de Lugo, Sarria, Vilalba, Muimenta, Viveiro, Foz, Rábade, Quiroga, Burela, Meira, Monforte, Chantada, Lourenzá, A Pontenova, Taboada e Ribadeo. Na provincia ourensá, os clientes gañadores do sorteo correspóndense cos municipios de Ourense, Verín, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Xinzo de Limia, Ribadavia, Allariz e Maceda.Na provincia de Pontevedra os premios recaeron en clientes de Vigo, Pontevedra, Redondela, A Estrada, Silleda, Lalín, A Guarda, Porriño, Cangas, O Grove, Tomiño, Vilanova de Arousa, Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Ponteareas.Trátase de persoas que mercaron nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña, que rexistraron a súa compra e que resultaron agraciadas no sorteo realizado no marco desta iniciativa, que é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Durante o evento, o director xeral salientou a importancia do pequeno comercio para consolidar o emprego e favorecer a posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras. Nesta liña, puxo de relevo o valor de accións coma esta para facilitar o desenvolvemento da actividade comercial, impulsar as vendas polo miúdo e, ao mesmo tempo, garantir o mantemento dos negocios promovendo a remuda xeracional. Esta campaña enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio. Nel inclúense outras accións como consolidar unha Oficina de orientación, asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, prestando especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade, e tamén o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E–tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela.Súmase a outras accións para impulsar o comercio local como o Bono remuda, unha convocatoria novidosa da Xunta cun orzamento de 1,5 millóns de euros, que ten prazo de solicitude aberto, e que ten como fin fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. Tamén o Bono Activa Comercio, que na súa 5ª edición logrou mobilizar 12 millóns de euros en vendas con case 7.000 negocios adheridos en toda Galicia e que se reeditará en outono.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN