Xunta de Galicia

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A intervención aborda a mellora das vías da Rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque coa rúa Silveira, cun investimento de preto de medio millón de euros

Os traballos inclúen a renovación do pavimento e a humanización destas rúas, priorizando o tránsito peonil, ademais do reemprazo das infraestruturas de saneamento e soterrado do alumeado público

A conselleira subliña os traballos de humanización levados a cabo neste barrio e pon en valor o Plan Hurbe como instrumento para a renovación dos espazos públicos nos concellos galegos

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe xunto á alcaldesa da Rúa, María González Albert, e o delegado territorial de Ourense, Manuel Pardo, a actuación de acondicionamento do barrio da Estación deste concello, cuxa primeira fase está practicamente finalizada, e que se desenvolveu ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta.A través desta intervención, cun investimento de 484.000 euros, acometeuse a mellora das distintas rúas deste barrio, a rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque da rúa Silveira. Nelas renováronse o pavimento e desenvolvéronse traballos de humanización para primar o tránsito peonil, ademais da renovación das infraestruturas de saneamento e abastecemento, instalación da rede de pluviais, o soterrado do alumeado público e a instalación de gas natural.Os traballos foron financiados a través do convenio de colaboración asinado entre as administracións autonómica e local, no que a Xunta financiou o 70% da obra e o concello asumiu o 30% restante.A conselleira destacou a calidade con que foi realizada esta obra e a importancia do Plan Hurbe para desenvolver conxuntamente da man dos concellos actuacións de humanización e recuperación do espazo público “que nos axudan a transformar o noso territorio e mellorar a calidade de vida da veciñanza”. A través do Plan Hurbe abordáronse nos últimos catro anos 86 actuacións en Galicia, que supoñen un investimento de 17,1 M?.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN