Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024

Puxo de relevo a paisaxe dos viñedos, que xoga tamén un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega dos premios da XXVIII Cata dos Viños da Ribeira Sacra, onde destacou a calidade da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra e recoñeceu o traballo e a dedicación de todos os viticultores e adegueiros que diariamente “coidan e respectan o sector”.Durante a súa intervención, a titular de Medio Rural trasladou os seus parabéns aos premiados e a todos os implicados na posta en valor da calidade desta DO. Nesta liña, fixo referencia aos dez indicativos de calidade que avalan a produción e características dos viños que se elaboran en Galicia e ao apoio que reciben por parte do Goberno autonómico.A conselleira destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia impulsada pola Xunta e as diferentes liñas de axuda para o sector que contan cun orzamento de máis de 10 millóns de euros neste 2024. As achegas destínanse fundamentalmente á reestruturación e reconversión de viñedo, á promoción en terceiros países e á elaboración e comercialización de produtos do sector, complementadas con axudas de fomento á calidade promovidas pola Consellería.María José Gómez referiuse tamén á paisaxe dos viñedos. Neste sentido, destacou que se trata dunha paisaxe que queremos “seguir impulsado, a través dos viños, posto que esta paisaxe vitivinícola tamén xoga un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín