Xunta de Galicia

Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes

Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Con esta actividade, a Xunta de Galicia promove a creación de sinerxías entre mozos e mozas das agrupacións de toda a xeografía galega

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliña na benvida a esta cita “a necesidade de poñer en valor o talento da xuventude”

O festival, no que participan 12 bandas e máis a Sinfónica Xuvenil de Galicia, está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co apoio da Xunta de Galicia no marco da campaña ‘CulturON’

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante toda a xornada de hoxe o VII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que 12 formacións interpretarán temas escollidos para a ocasión, que abarcan desde sons clásicos ata música tradicional galega e versións de cancións contemporáneas. No acto tamén participa a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade.O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, deu a benvida aos rapaces e rapazas participantes no encontro remarcando o apoio do Goberno galego a estas formacións e salientando “o gran valor das bandas xuvenís para o fomento da educación musical e a necesidade de poñer en valor o talento da mocidade”. Anxo Lorenzo estivo acompañado pola directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e de Jorge González, directivo da Federación Galega de Bandas de Música Populares.O Festival, que se desenvolve no Gaiás ao longo de todo o sábado con entrada libre e de balde forma parte da campaña

coa que a Xunta de Galicia enche de actividades culturais toda a xeografía galega durante este verán. A cita arrincou cunha interpretación do Himno Galego no Xardín do Teatro e continúa cunha xornada na que mocidade de distintos lugares cun interese común pode coñecerse, crear sinerxías e enriquecerse mutuamente.As formacións que participan este ano no Festival son: Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal, Unión Musical de Tenorio, Banda Xuvenil da Escola de Música de Salvaterra, Banda Xuvenil de Vilatuxe, Xove Banda de Valga, Banda Xuvenil de Agolada, Banda Xuvenil de Santa Cruz de Ribadulla, Chiquiband da Agrupación Musical da Limia, Banda Xuvenil de Celanova, Banda da Escola de Música de Xinzo e a Minibanda de Vilalba.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín