Xunta de Galicia

Galicia avanza na desestacionalización cun crecemento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos cinco primeiros meses do ano

Galicia avanza na desestacionalización cun crecemento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos cinco primeiros meses do ano

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico

Trátase de cifras récord de turistas e de noites que veñen acompañados de melloras no sector hoteleiro cun incremento do 7% na súa rendibilidade nestes meses

O turismo internacional segue a medrar e representou ata maio o 35% da demanda

O turismo galego continúa a avanzar de xeito positivo tanto en número de viaxeiros, noites e rendibilidade. Os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que nos cinco primeiros meses do ano Galicia rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico. Isto supón un incremento do 5% no número de viaxeiros e do 2% no de noites.Trátase de número de viaxeiros e de noites máis altos da serie histórica neste período. É ademais o segundo ano consecutivo no que o nivel de demanda dos primeiros cinco meses supera a barreira dos 3 millóns de noites. No acumulado a maio Galicia colócase como o oitavo destino máis importante do Estado situándose por detrás de Canarias, Andalucía, Cataluña, a C. Valenciana, Baleares, Madrid e Castela e León.Tamén neste período o 80% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro mentres que o 20% restante fica no aloxamento extrahoteleiro (albergues, establecementos de turismo rural, cámpings...). Neste sentido destaca especialmente o comportamento do turismo rural, que medra nestes cinco primeiros meses do ano, cun incremento dun 5% en viaxeiros e un 6% en noites.Desde o punto de vista dos mercados, destaca o comportamento do internacional que supuxo nestes meses o 35% da demanda turística e medra a un ritmo do 9% con máis de 1,2 millóns de pernoitas, máximo da serie histórica deste período de cinco meses.Estes datos cuantitativos veñen acompañados por un bo avance desde o punto de vista económico para o sector hoteleiro. Segundo os datos do INE, nos cinco primeiros meses mellorou a rendibilidade hoteleira (hoteis e pensións) nun 7% e se estima que o sector hoteleiro tivo uns ingresos totais nominais de 114,4 millóns de euros, cifra que supera nun 8,7% o ano pasado.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN