Xunta de Galicia

López Campos salienta o "enriquecemento cultural" que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega

López Campos salienta o “enriquecemento cultural” que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro destaca o “valor diferencial e engadido” destas actividades, que gozarán este verán máis de 300 rapaces e rapazas no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela–A Mancha

A Xunta oferta entre xullo e agosto 11.533 prazas para a xuventude, o maior número da súa historia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou esta mañá o valor dos campamentos de intercambio con outras comunidades que realiza a Xunta para a mocidade galega e que supoñen “unha experiencia de enriquecemento e coñecemento cultural proveniente da propia vivencia persoal, que é a que maior e mellor pegada deixan”. Fíxoo ante os 40 rapaces e rapazas galegos que partían hoxe desde Santiago de Compostela a Toledo para participar nun destes campamentos con temática en artes escénicas.Acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, o responsable de Cultura, Lingua e Xuventude achegouse a despedilos para animalos a “tirar o máximo proveito” deste intercambio, do que salientou o feito de que “adobía á perfección actividades de lecer coa formación artística”. Ademais, remarcou “o valor diferencial” con respecto a outros campamentos “ao permitirlles descubrir

a realidade sociocultural doutras comunidades, a través da convivencia con rapazada da mesma idade”.Estes 40 rapaces e rapazas gozarán deste campamento en Toledo ata o seu regreso, o 11 de xullo. Durante estes días, estarán aloxados no albergue San Servando, situado nun castelo medieval fortificado, que foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1874.López Campos explicou que, en total, serán máis de 300 rapazas e rapaces, con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, os que participarán este verán nos campamentos de intercambio da Xunta de Galicia nun total de sete comunidades.Deste xeito, indicou que, ademais de en Toledo (Castela–A Mancha), tamén gozarán de actividades de lecer e educativas en Vitoria–Gasteiz e Illa de Zuhatza (País Vasco), Cáceres (Estremadura), Puebla de Sanabria e Navarredonda de Gredos (Castela e León), Ezcaray (A Rioxa), Cercedilla e San Lorenzo de El Escorial (Madrid) e Solórzano (Cantabria).O conselleiro precisou que estes campamentos de intercambio son bilaterais, polo que tamén rapazada destas comunidades desfrutará desta experiencia en albergues xuvenís da Xunta. Precisamente, apuntou que 20 mozos e mozas de Castela?A Mancha están gozando xa desta convivencia con mocidade galega no Campamento de Espiñeira, na localidade coruñesa de Boiro e outros 20 no Campamento de Virxe de Loreto, en Porto do Son.López Campos lembrou que este formato de campamento forma parte da Campaña de Verán da Xunta, que ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo de lecer de estío en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.Neste senso, destacou que a Campaña de Verán da Xunta supón un recurso de conciliación da vida familiar e laboral, “sendo un referente en todo o Estado polo alto nivel das súas actividades”. “Así é que se converteu en destino preferente tanto para a mocidade galega como doutras comunidades autónomas e do estranxeiro”, argumentou.No caso concreto deste ano, salientou que se ofertaron un total de 11.533 prazas, “o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán”. Ao respecto destas actividades, debullou que as opcións abranguen campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos, actividades para maiores de 18 anos, minicampamentos, campos de voluntariado, o programa

para a mocidade galega no exterior e o uso das instalacións xuvenís xestionadas pola Xunta.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN