Xunta de Galicia

Medio Rural salienta o seu apoio á transformación do leite en Galicia e á calidade dos queixos

Medio Rural salienta o seu apoio á transformación do leite en Galicia e á calidade dos queixos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A titular da Consellería destacou a excelencia das denominacións de orixe protexidas Arzúa Ulloa e Queixo de Tetilla e o seu fomento e promoción por parte da Xunta e os consellos reguladores

Cualificou a Queixería Barral como unha empresa que aposta pola innovación, o desenvolvemento sostible e a remuda xeracional e valorou a “boa acollida e recoñecemento dos seus produtos, que son un orgullo para Galicia”

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe as instalacións da Queixería Barral, no concello coruñés de Arzúa. Alí destacou o apoio da Consellería á transformación do leite en Galicia e á calidade dos queixos da nosa comunidade. Nesta liña, recordou a Estratexia de Dinamización do sector lácteo e o compromiso do Goberno galego a prol da estabilidade da cadea de valor e os prezos do leite. Gómez puxo en valor a aposta pola innovación e o desenvolvemento sostible da queixería así como a remuda xeracional, representada na figura de Isabel Barral, que continúa o labor da súa familia.Nesta liña, a titular de Medio Rural salientou a excelencia das denominacións de orixe protexidas Arzúa–Ulloa e Queixo de Tetilla, nas que se enmarcan os produtos máis recoñecidos de Queixerías Barral. Asemade, valorou que este mesmo ano, a empresa recibiu tres distintivos importantes no seu sector. Por un lado, nas Catas de Queixos de Galicia, alzouse coa prata no grupo Queixo de Tetilla. Un produto polo que tamén ocupou o primeiro posto na categoría “Vaca Xove” na 14º edición de Gourmet Quesos, onde se escollen os mellores queixos do país.Ademais, a conselleira felicitou a Queixería Barral pola súa aposta pola innovación e sustentabilidade, en referencia ao recoñecemento outorgado por Galicia Alimentación a Produto Innovador polo seu queixo de trufa e boletus e polo recentemente estreado selo IFS Food. Unha certificación que recibe por primeira vez unha queixería e que garante que se cumpren todos os requisitos das especificacións de produción.A titular de Medio Rural resaltou as axudas para a transformación e comercialización de produtos agroalimentarios en Galicia, para as que se destinaron 30 millóns de euros na última convocatoria e a través das que se beneficiaron máis de 550 proxectos empresariais dende 2016. Queixerías Barral recibiu nos últimos tres anos achegas nesta materia. Ademais, María José Gómez fixo referencia á necesidade de estabilidade no conxunto da cadea de valor do sector, incidindo no mantemento dos prezos do leite e o esforzo de consenso entre os axentes sectoriais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN