Xunta de Galicia

Miguel Corgos asiste á Festa do Galo Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños

Miguel Corgos asiste á Festa do Galo Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, foi a pregoeira da XXIII edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar – XIV Feira Celta que se celebra todos os anos neste concello da comarca de Arzúa

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu hoxe á Festa do Galego Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do concello do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños.No acto, Miguel Corgos foi testemuña da lectura do pregón da XXIII edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar – XIV Feira Celta, que correu a cargo da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo. A representante do Goberno autonómico destacou que esta cita gastronómica e cultural é a máis importante do municipio e unha das máis representativas da comarca de Arzúa. Ao evento tamén asistiu a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.Os representantes do Goberno galego valoraron que o galo piñeiro se convertera “nun símbolo” do municipio e de toda a comarca, xa que de ser unha especie en perigo de desaparición, pasou a ser unha garantía de calidade gastronómica. Coincidindo con esta celebración, o Concello entregou os premios aos gañadores dos diferentes apartados dos mellores exemplares de galos e galiñas.Xunto á exaltación do galo piñeiro, O Pino organiza tamén unha das máis importantes mostras cabalares de Galicia na que compiten os mellores exemplares equinos, tal e como puideron admirar os representantes do Goberno galego.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN