Xunta de Galicia

Román Rodríguez anuncia a ampliación da Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona

Román Rodríguez anuncia a ampliación da Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Educación visita o centro, no que se investirán preto de 225.000? para construír un novo edificio anexo ao existente

Está previsto que a obra comece en novembro e remate en maio, para o que o Concello vai conceder a licenza o vindeiro mércores

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona, para anunciar a súa ampliación. Segundo explicou o titular do departamento educativo da Xunta explicou que a actuación está xa licitada e conta cun orzamento de case 225.000?. A previsión é comezar as obras en novembro e rematalas en maio, para o que o Concello de Baiona vai conceder a licenza o vindeiro mércores, tal e como informou o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, na visita.Román Rodríguez destacou a importancia desta actuación “dotar a esta escola dun espazo amplo onde poder desenvolver diferentes actividades, tanto didácticas como de ocio, tan importantes para o desenvolvemento do alumnado de Infantil”. “Seguimos os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que aposta por espazos flexibles e polivalentes en continuidade coa natureza, como vai ser o que construamos neste centro”, detallou.Deste xeito, a obra consiste na construción dun volume anexo á edificación existente que se adapta á altura do actual edificio, cunha superficie total de 107,75 m². O novo espazo será flexible e poderá usarse tanto de maneira independente como estendéndoo cara ao espazo exterior, achegando ademais un espazo cuberto que permita o seu uso en condicións climatolóxicas adversas.Así mesmo, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros educativos procura a eficiencia enerxética e o respecto ao medio ambiente. Neste sentido, a nova edificación da EEI O Areal terá a mínima pegada ecolóxica e a súa construción vai ser

, é dicir, executada sen necesidade de auga. A única excepción será a cimentación e a soleira do edificio, que se realizarán de xeito tradicional, con formigón armado.A estrutura do novo edificio será de madeira laminada, con cerramentos de paneis de madeira–cemento, fiestras de madeira, divisións interiores de panel de xeso, pavimentos de tarima flotante de madeira e cuberta de zinc.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN