Xunta de Galicia

Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do colexio Pérez Viondi da Estrada, cun investimento de máis de 1 M?

Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do colexio Pérez Viondi da Estrada, cun investimento de máis de 1 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Inclúe o cambio de cuberta do edificio principal, a mellora da accesibilidade e a renovación de fiestras do ximnasio, entre outras

Tamén se están a redactar proxectos para acometer melloras no CEIP O Foxo e no IES Manuel García Barros

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio CEIP Pérez Viondi, onde anunciou a licitación da rehabilitación integral do centro, que contará cun investimento de máis de 1M?. “A previsión é adxudicar a obra no mes de outubro e comezala en novembro”, explicou.“Esta obra supón unha importante renovación para este colexio, que se suma aos case 2M? que levamos investidos neste centro desde 2009”, destacou o titular do departamento educativo da Xunta. Román Rodríguez avanzou tamén que xa están en redacción os proxectos para outras dúas actuacións en centros educativos da Estrada, como a mellora en falsos teitos luminarias e instalación eléctrica do Colexio CEIP O Foxo (orzamento estimado de 175.000?) e a instalación dun ascensor no Instituto IES Manuel García Barros (orzamento estimado de 125.000?).“Todas elas son actuacións incluídas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI, ao tempo que se mellora a súa eficiencia enerxética e o confort da comunidade escolar”, sinalou o conselleiro.A rehabilitación integral do CEIP Pérez Viondi abranguerá o cambio de 2.500 m² da cuberta do edificio principal, así como a aplicación de material illante nas cámaras de aire, a substitución de falsos teitos, a colocación de novas luminarias led e a substitución de caldeira de gasóleo por outra de biomasa. A maiores, en prol dunha maior accesibilidade, instalarase un ascensor e un aseo adaptado. Tamén se acometerán outras pequenas reorganizacións de espazos interiores, en función das demandas do centro.A actuación inclúe tamén a mellora do ximnasio, co cambio das súas 10 fiestras, a inxección de illante nas cámaras, a colocación de falso teito térmico e acústico e a instalación de novo pavimento deportivo. Xa no exterior, mellorarase o pavimento de caucho do patio de Infantil e habilitarase unha zona cuberta no acceso.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN