Xunta de Galicia

Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral da Lingua participa na entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea en colaboración coa Xunta de Galicia, e que vai pola súa segunda edición

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou a “oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo, promovendo accións para que contemos con obras divulgativas inspiradas nas Rutas”. Así o indicou esta mañá na entrega do II Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e que foi recibido por Laura Méndez Vergel pola obra

.Neste senso, Valentín García enxalzou a iniciativa da entidade, que lembrou, tamén impulsa outros dous certames, de narrativa e de poesía, relacionados coas rutas de peregrinación a Compostela. Así, subliñou o feito de “impulsar unha realidade tan importante para Galicia desde a perspectiva do intercambio cultural e do diálogo a través dos distintos xéneros literarios”.A premiada, Laura Méndez Vergel, é graduada en Historia da Arte pola Universidade de Salamanca e cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos na Universidade de Santiago de Compostela no 2019. Ademais, realizou estancias internacionais na Universidade de La Sorbona (París) e na de Toulouse–Jean Jaurés, formándose tamén no Museo da Fundación Catedral de Santiago y no Museo das Peregrinacións.Segundo a autora, a obra premiada neste certame, que será publicada pola Editorial Galaxia, está baseada en catro conceptos: o individuo, as motivacións do Camiño, o Camiño en si e a creación, entendendo este fenómeno como un eixo para estudar outros tempos e ideas. O autor galardoado na primeira edición do Premio de Ensaio Camiño de Santiago foi o compostelán Jesús Curros Neira por

, unha obra na que realizou un repaso ao fenómeno xacobeo como fonte de inspiración de diferentes manifestacións artísticas ao longo da historia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín