Xunta de Galicia

Xosé Merelles anuncia que mañá venres se adxudicará a segunda e terceira fase do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo

Xosé Merelles anuncia que mañá venres se adxudicará a segunda e terceira fase do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director de Turismo de Galicia anunciouno no marco da presentación do Festival do Pasatempo, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, anunciou esta mañá en Betanzos que a segunda e terceira fase do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo se adxudicará mañá venres. Trátase da parte do proxecto que corre a cargo de Turismo de Galicia no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Tamén avanzou que colaborará co Concello de Betanzos, coa redacción do proxecto da cuarta e última fase, para asegurar así que o proxecto de rehabilitación se realice canto antes e que Turismo de Galicia execute as obras. “O noso compromiso con este proxecto e cos outros 12 BIC que integran o Plan Xacobeo Next Generation é claro desde o principio sempre velamos para que se cumprisen os prazos e se poida realizar no marco do estimulado”. Así o avanzou durante a presentación esta mañá en Betanzos o Festival do Pasatempo, unha cita musical que reúne na vila coruñesa este venres e sábado a artistas de prestixio coma Andrés Suárez, David Bustamante, Sabela e Paula Mattheus, e que conta co apoio da Xunta de Galicia polo “o impulso e o interese turístico que supón para este Concello e esta comarca”. Durante o acto, o director de Turismo de Galicia subliñou que “o espectáculo inclúe propostas variadas capaces de satisfacer a todos os públicos, con artistas consagrados pero tamén noveis”. Durante a súa intervención, Xosé Merelles puxo en valor o espazo que acollerá este festival, o Parque do Pasatempo de Betanzos, “un lugar presta o seu nome ao evento pero que ten singularidade e carácter propio para ser un punto de atracción de visitantes e curiosos”. Sobre o proxecto de rehabilitación, indicou que a segunda e terceira fase das obras de restauración deste espazo, suporán, entre outros aspectos, a restauración do Estanque da Gruta e a Gruta da Recolecta para salvagardar a súa unidade estilística. Ademais, recuperaranse elementos escultóricos e arquitectónicos moi notables e actuarase na Fonte das Catro Estaciones. Tamén se restaurará o circuíto hidráulico e tratamento dos bordos do estanque da Xubilación. Finalmente, o proxecto incorporará as varandas de ferro fundido como unha parte do sistema hidráulico para facilitar que estas pilastras funcionen como fontes. “Trátase dun conxunto de actuacións que embelecerán aínda máis este magnífico espazo”, asegurou o director de Turismo de Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN