Xunta de Galicia

Xosé Merelles reivindica o papel "clave" do asociacionismo xacobeo para o futuro do Camiño

Xosé Merelles reivindica o papel “clave” do asociacionismo xacobeo para o futuro do Camiño

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de países

Destaca que o momento de “gran vitalidade” da ruta xacobea, cun incremento no número de Compostelas do 16%, incita a reforzar a coordinación efectiva

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou hoxe o papel estratéxico e clave que historicamente tivo o asociacionismo xacobeo e reivindicou a súa importancia actual para o futuro do Camiño de Santiago. Así o manifestou durante a asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela, que se celebra en Santiago de Compostela, e que representa a máis dun cento de asociacións de preto dunha vintena de países.O director de Turismo fixo un chamamento a “unha coordinación efectiva entre todas as institucións e organizacións que protexemos, xestionamos, difundimos e atendemos aos peregrinos xacobeos” neste momento de “gran vitalidade” da ruta xacobea na que o número de Compostelas está a medrar a un ritmo do 16% e máis de 60% dos peregrinos son estranxeiros”Neste sentido, Xosé Merelles destacou a necesidade traballar en aspectos do Camiño coma a sustentabilidade patrimonial, ambiental e socio–económica; a protección especial aos grandes itinerarios históricos; a defensa dos bens culturais tanxibles e intanxibles con especial relevancia aos valores xacobeos da hospitalidade e acollida; a transcendencia persoal no Camiño, e o camiño como difusor dos valores europeos que preconizan o Consello de Europa e a Unión Europea, e finalmente, a necesidade de unir os roteiros de peregrinación para xerar unha rede transitable, con todos os servizos necesarios para garantir unha peregrinación segura, austera e axustada ao espírito da peregrinación.O director de Turismo de Galicia anunciou que esta semana está a ser transcendental para o mundo xacobeo, xa que tras a presentación desta entidade, asinarase un acordo entre outra federación que representa a administracións públicas de Europa coa que representa á sociedade civil europea.Ademais, o día 5 de xullo, esta federación converterase en operadora ante o Consello de Europa do primeiro itinerario cultural europeo. “Imos camiñar xuntos –por decisión propia– para garantir un Camiño aberto, de todos e para todos, protexido, sostible, inclusivo e respectuoso co espírito da peregrinación”, afirmou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN