Xunta de Galicia

A Xunta aborda a situación dos profesionais do taxi na comunidade con representantes do sector

A Xunta aborda a situación dos profesionais do taxi na comunidade con representantes do sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de ampliar o crédito das axudas deste ano para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO

Os representantes de ambas entidades trasladaron as súas demandas en ámbitos como a contratación de seguros para os seus vehículos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo senllos encontros con representantes das asociacións maioritarias dos profesionais do taxi en Galicia, isto é, a Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi) e a Unión de Taxistas Galegos (Utaga), para escoitar as súas demandas e necesidades, entre elas as dificultades para a contratación dun seguro para os seus vehículos.Diego Calvo incidiu en que o Goberno galego apoia desde hai anos aos profesionais do taxi, un sector que en Galicia dá emprego a preto de 5.000 familias e que presta un servizo esencial, favorecendo e garantindo a mobilidade da cidadanía.No encontro co presidente de Fegataxi, Manuel Sánchez Quindimil, e representantes da entidade tamén se abordou a necesidade dunha coordinación entre o sector coas administracións locais en materia de mobilidade, sobre todo nas grandes cidades no que se refire á información sobre os percorridos ou grandes eventos previstos que poidan afectar á circulación, así como nos exames para obter o permiso municipal ou acreditación de condución de taxis.Ademais, nesta primeira toma de contacto, os representantes de Fegataxi informaron ao conselleiro de Presidencia de que, actualmente están activas dúas aplicacións móbiles – Pidetaxi e Taxiclick– co obxectivo de facilitar á cidadanía o acceso ao servizo con milleiros de vehículos á súa disposición en centos de localidades de toda España, incluídas varias na comunidade galega.Por outra parte, na reunión co presidente de Utaga, Emilio Mosquera, e outros integrantes da asociación, entre os asuntos tratados, a entidade trasladou a necesidade de contar con vehículos de substitución cando se produza unha incidencia ou avaría nun taxi.Pola súa parte, Diego Calvo lembrou a ambas organizacións que o pasado xuño a Xunta publicou a ampliación de crédito da convocatoria das axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida e de emisións cero ou categoría ECO cunha dotación de 350.000 euros, ao esgotarse o crédito de 500.000 euros da orde publicada o pasado novembro. Esta orde de incentivos para o ano 2024 vai dirixida aos titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT–N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade.A Xunta concedeu a través da convocatoria do ano pasado, dotada con 900.000 euros a compra de 27 vehículos adaptados, de 146 taxis de baixas emisións e de 8 vehículos de emisións cero.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN