Xunta de Galicia

A Xunta adxudica por 264.000 euros as obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 en Pontevedra e Marín

A Xunta adxudica por 264.000 euros as obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 en Pontevedra e Marín

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé iniciar no verán estas actuacións que contan cun prazo de execución de 4 meses

Trátase de actuar na PO–542, á altura do quilómetro 0+850, en Pontevedra; e na estrada PO–313, á altura do quilometro, 5+900, no treito Pardavila–Broullón, en Marín

Esta actuación realízase no marco das inspeccións preventivas que leva a cabo a Xunta nas obras de paso da rede autonómica co obxectivo de reforzar estas infraestruturas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar o contrato para executar dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO–542 e PO–313, nos concellos de Pontevedra e de Marín.O contrato, adxudicado a Construcciones Castro Figueiro , S.L.U., por un investimento de 264.214 euros, asinarase nos vindeiros días. Os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de agosto e contan cun prazo de execución de 4 meses.Trátase de intervir no treito da PO–542 Ponte Bora–O Pino, á altura do quilómetro 0+850, no municipio de Pontevedra; e na PO–313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila–Broullón, no concello de Marín. En concreto, as actuacións que se realizarán na PO–542 baixo este contrato inclúen a limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos e asegurando a súa estabilidade mediante reforzos, se fose necesario.Posteriormente, executarase o reforzo interior de formigón na base da obra de drenaxe ata polo menos a metade da altura da obra de drenaxe transversal, a cal presenta danos derivados da corrosión na parte metálica lateral anexa a dita protección. Finalmente, executaranse aletas de formigón armado para as embocaduras en ambos os extremos da tubaxe.No caso das actuación que se proxecta que se proxecta que se van a desenvolver na estrada PO–313, estas comezarán pola limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos de material derivados da corrosión. Estes traballos céntranse, fundamentalmente, na metade inferior do tubo, asegurando a súa estabilidade mediante a realización de reforzos, se fose necesario.Finalmente, no marco destas obras, tamén se procederá á reparación do tubo da obra de drenaxe transversal mediante encamisado interior e posterior recheo do espazo entre os tubos con inxección de formigón.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN