Xunta de Galicia

A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano

A Xunta anuncia que os cinco centros de crise 24h estarán en funcionamento no último trimestre do ano

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Cada un destes puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual contará cun equipo de sete profesionais para ofrecer atención psicolóxica, xurídica e social continuada

O investimento do Goberno galego ascende a 11 millóns de euros, para poñer en marcha e financiar o funcionamento do servizo durante os próximos anos

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e do xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, visitou esta mañá as instalacións acondicionadas no Hospital Gil Casares para albergar o centro de crise 24 horas de Santiago. É un dos puntos de atención especializada para vítimas de violencia sexual que estarán en funcionamento no último trimestre do ano en diferentes cidades galegas.Cada un destes centros contará cun equipo formado por sete profesionais: tres psicólogos, dous traballadores sociais, un auxiliar, para atención xeral, e un asesor xurídico, para a xestión de posibles denuncias. Deste xeito, ofrecerase atención psicolóxica, xurídica e social ás vítimas de violencia sexual as 24 horas e os 365 días do ano.Ademais do centro de Santiago, a provincia da Coruña contará con outro no Hospital Novoa Santos de Ferrol. O da provincia de Pontevedra estará no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. En Ourense, no PAC da rúa do Concello, e en Lugo, no Hospital Universitario Lucus Augusti, que será o máis grande de toda Galicia. Todos eles estarán situados ao carón de servizos de urxencia, para facilitar a asistencia en situacións de emerxencia.A Xunta de Galicia investiu 11 millóns de euros para poñer en marcha e garantir o funcionamento dos cinco centros de crise 24 horas nos próximos anos. Fabiola García destacou que, con este novo servizo, a nosa comunidade dótase dunha ferramenta máis para facer fronte á violencia contra as mulleres e para ofrecer ás vítimas a atención psicolóxica, xurídica e social que merecen. Unha atención que se suma á que ofrecen os máis de 80 Centros de Información á Muller (CIM) para dar servizo a 200 concellos, e diversas entidades sociais, a través de convenios co Goberno galego.Ademais, os principais festivais de Galicia contarán este verán con

, con actividades para promover a igualdade, e con atención continuada de psicólogas e sexólogas, para previr e actuar ante posibles agresións sexuais e ofrecer a asistencia axeitada ás vítimas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN