Xunta de Galicia

A Xunta avalía co concello de Salvaterra de Miño vías de colaboración en materia de augas

A Xunta avalía co concello de Salvaterra de Miño vías de colaboración en materia de augas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente vías de colaboración en materia de augas.Nesa liña, analizaron a situación do proxecto de mellora das infraestruturas de saneamento da localidade. Así, a conselleira informou á rexedora da previsión de adxudicar antes de que remate o ano as obras para construír unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) no río Mendo, que foron licitadas o pasado mes de maio cun orzamento de 1,9 millóns de euros e que serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).E, no que atinxe ao abastecemento, Marta Valcárcel trasladoulle a Ángeles Vázquez a necesidade de levar a cabo tamén melloras na rede de abastecemento. Máis polo miúdo, subliñou que sería preciso un novo vaso no actual depósito de auga para garantir o abastecemento no verán e solucionar o problema que xeran as roturas nas conducións. A conselleira explicou que Augas de Galicia estudará o proxecto cando sexa remitido polo Concello.Cómpre indicar que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín