Xunta de Galicia

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Iniciaranse traballos de roza nas autovía Ferrol–Vilalba, na Coruña; e nas estradas LU–533, ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao; e na OU–402, en Castrelo de Miño

Estas intervencións forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M? en dous anos

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas ao paso polas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.No caso da provincia da Coruña, as novas actuacións levaranse a cabo na autovía Ferrol–Vilalba (AG–64), ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño.Tamén comezarán os traballos de roza e limpeza na estrada LU–533 no seu percorrido polos concellos de Chantada e O Saviñao, e na OU–402, en Castrelo de Miño, Ourense.Continuarán, ademais, as intervencións que están en marcha en distintas vías autonómicas da provincia de Lugo: na vía de altas prestacións CG–2.3 e na estrada autonómica LU–862, en Viveiro e Xove; na CG–2.1, ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; e na vía CG–2.2, nos concellos de O Páramo e Sarria.En canto á provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo, na CG–4.1 e na autovía AG–4.6, que unen os municipios de Moaña e Cangas.Ademais, no caso da provincia de Ourense, continuarán as tarefas na estrada OU–801 no municipio de Ribadavia e en Pontebarxa, no municipio de Padrenda.As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M?; cun investimento total de 4 M? para os dous próximos anos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín