Xunta de Galicia

A Xunta conciencia á rapazada sobre unha pesca fluvial sostible e respectuosa co medio ambiente ao tempo que promove a remuda xeracional no sector

A Xunta conciencia á rapazada sobre unha pesca fluvial sostible e respectuosa co medio ambiente ao tempo que promove a remuda xeracional no sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Preto de 340 nenas e nenos de entre 12 e 13 anos participan este ano en accións formativas impartidas polo catro veces campión do mundo de pesca deportiva David Arcay, aos que se suman os máis de 2.000 aos que chegaron entre 2018 e 2023

Ángeles Vázquez pon en valor a divulgación de prácticas como a pesca sen morte, que contribúen a manter ou incrementar as poboacións das distintas especies presentes nos ríos e favorecen a continuidade desta actividade no futuro

A conselleira lembra a importancia da pesca fluvial en Galicia, onde hai outorgadas máis de 38.000 licenzas das que preto de 1.900 son para menores de 18 anos

A Xunta traballa na concienciación dos máis novos sobre os valores deportivos e medioambientais asociados á práctica da pesca sostible ou sen morte, un labor que contribúe ao coidado do medio ambiente e da súa biodiversidade. Este tipo de accións promovidas polo Executivo galego –que tamén contribúen á remuda xeracional no sector– chegarán este ano a preto de 340 rapazas e rapaces de entre 12 e 13 anos, aos que se suman os máis de 2.000 que participaron desde 2018 nestas actividades divulgativas.A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañou hoxe un grupo de nenas e nenos durante unha formación neste eido celebrada na área recreativa de Sucira, en Boqueixón, que estivo impartida polo catro veces campión do mundo de pesca deportiva David Arcay. Grazas a ela a rapazada coñeceu as especies que se atopan nos ríos galegos, as normas para pescalas e como practicar a captura e solta, aprendendo a manipular os exemplares de forma que non sufran dano antes de ser devoltos ás canles fluviais.Esta modalidade de pesca, lembrou a responsable autonómica, contribúe a manter ou incrementar as poboacións das distintas especies favorecendo así a continuidade desta práctica deportiva no futuro. Ao mesmo tempo, incidiu, as formacións impartidas por David Arcay axudan a que os máis pequenos se animen a probar esta actividade deportiva e a impulsar a remuda xeracional. A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático agradeceu o labor formativo que realiza este campión do mundo de pesca deportiva e puxo en valor a colaboración que mantén coa Xunta desde 2018 para divulgar e fomentar entre a mocidade os valores deportivos e medioambientais asociados á pesca fluvial. Con ela a rapazada aprende a protexer a fauna ictícola e o medio natural, practicar a pesca sen morte, empregar técnicas de captura menos lesivas e avanzar no coidado e respecto á natureza. No marco desta colaboración, David Arcay impartirá este ano 16 xornadas divulgativas a arredor de 20 rapazas e rapaces en cada unha delas. Desas 16, un total de 12 serán teóricas –con charlas formativas sobre a materia– e catro –como a de hoxe– teórico–prácticas onde os participantes aprenderán a realizar unha óptima solta dos peixes capturados, coñecerán as canas existentes para as distintas modalidades de pesca e practicarán con elas nunha completa exhibición de pesca fluvial. Ángeles Vázquez destacou que este tipo de iniciativas contribúen a motivar ás nenas e nenos a practicar actividades de lecer na natureza e a realizar boas prácticas que axudan a conservala e protexela. Nesta liña, incidiu na transcendencia de concienciar aos distintos sectores sociais sobre a importancia de concibir a pesca fluvial como unha forma de aproveitamento sostible dos recursos naturais, pero tamén de coidado do medio ambiente e dos ecosistemas fluviais.A conselleira lembrou a importancia que esta práctica deportiva ten en Galicia, como certifican os máis de 38.000 afeccionados que contan con licenza na comunidade, dos que preto de 1.900 teñen menos de 18 anos. Nesta liña, puxo en valor a aposta pola remuda xeracional do Executivo galego con medidas como a exención do pago das taxas das licenzas de pesca para os menores de 18 anos. Esta gratuidade –da que tamén se benefician as persoas maiores de 65 anos– chegou este ano a máis de 13.000 afeccionados.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN