Xunta de Galicia

A Xunta destaca os beneficios da eficiencia enerxética na mellora da competitividade do sector mineiro galego

A Xunta destaca os beneficios da eficiencia enerxética na mellora da competitividade do sector mineiro galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe a empresa Francisco Lemos Romero, especializada na extracción de granito ornamental

A sociedade de O Porriño é unha das beneficiarias da liña de axudas que convoca a Xunta para promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial

As novas achegas poden solicitarse ata o vindeiro 15 de setembro

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe a empresa Francisco Lemos Romero, especializada na extracción de granito ornamental. A firma, localizada en O Porriño (Pontevedra), foi unha das empresas galegas beneficiarias en anos anteriores da liña de axudas que, novamente este ano, a Xunta convoca para promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial.A nova convocatoria da Consellería de Economía e Industria realizada a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que conta cun orzamento total de 7,5M?, está actualmente aberta e as empresas poden solicitar as axudas ata o vindeiro 15 de setembro. Con esta medida, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa operativo Feder– Galicia 2021–2027, o Goberno autonómico estima que contribuirá a xerar nas empresas aforros de ata 4,5M? ao ano na factura enerxética. Ademais, a Xunta prevé mobilizar ata 30M? en investimento público–privado, así como a creación ou mantemento de 173 postos de traballo, entre directos e indirectos. Máis alá da rebaixa económica na factura, as axudas convocadas tamén permitirán un aforro anual de enerxía equivalente a 5,1 millóns de litros de gasóleo (52.000 MWh/ano) e unha redución de emisións equivalente á plantación de 825.000 árbores (16.500 t).Na visita de hoxe, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas destacou as sinerxías e os beneficios da eficiencia enerxética no sector mineiro galego e resaltou que Francisco Lemos Romero é un exemplo de empresa comprometida coa transición enerxética. A firma resultou beneficiaria da liña de axudas do pasado ano, no que acometeu dúas actuacións de mellora na eficiencia enerxética cun investimento de 66.000 euros, e onde a Xunta achegou máis do 50%.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN