Xunta de Galicia

A Xunta enxalza o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como "proposta consolidada" que reforza a imaxe internacional de Galicia para a práctica do surf

A Xunta enxalza o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como “proposta consolidada” que reforza a imaxe internacional de Galicia para a práctica do surf

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Xosé Merelles defende o potencial do mar e dos recursos do litoral galego como xeradores de fluxos turísticos, durante a presentación desta competición deportiva apoiada polo Goberno galego

María Quintiana destaca a implantación dos espazos de Conciliación na Praia para a rapazada de 4 a 16 anos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá en Valdoviño na presentación do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2024, competición apoiada pola Xunta, que traerá ata este municipio das rías altas centos de afeccionados ao surf entre mañá, sábado, e o vindeiro 1 de setembro. En Pantín, Merelles aludiu a este campionato como “emblemático e cun grande arraigo” e enxalzou a súa capacidade para atraer afeccionados e turistas, moitos deles estranxeiros, o que reforza a imaxe internacional de Galicia para a práctica desta disciplina.A competición de Pantín únese ás outras dúas promovidas pola World Surf League en territorio galego, que contan tamén co respaldo da Xunta, a través de Turismo de Galicia. “Cremos que turismo e deporte son dúas caras indisolubles da mesma moeda”, salientou Merelles. Ao tempo, puxo en valor especialmente as diversas competicións náuticas que o Goberno galego apoia na comunidade e destacou que os máis de 1.500 quilómetros de costa da comunidade e os recursos do litoral constitúen activos que Galicia sabe aproveitar “moi ben” como xeradores de fluxos turísticos.“Para impulsar o noso vínculo co mar, desde a Xunta de Galicia non deixamos de actuar”, sinalou o director de Turismo de Galicia. Así, referiuse a aposta por impulsar inIciativas tractoras para restaurar, reconverter e dotar de uso turístico diferentes edificios e emprazamentos singulares do litoral galego. Destacou, tamén, as axudas destinadas pola Xunta, a través do Plan Territorial de Sostiblidade Turística do Litoral, a concellos e establecementos para a rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral da comunidade.Pola súa banda, a directora xeral de Promoción da Igualdade, que tamén interveu na presentación deste certame deportivo, salientou que durante o Abanca Pantín Classic Galicia Pro se desenvolverá o programa ‘Espazos de Conciliación na Praia’. Segundo explicou María Quintiana, no marco desta iniciativa apoiada pola Xunta realizaranse actividades de lecer para menores de entre 4 e 16 anos coa finalidade de favorecer a conciliación familiar e os coidados. En concreto, ofreceranse talleres didácticos medioambientais e de reciclaxe, charlas motivacionais e educativas, limpeza de praias ou rutas de coñecemento da contorna medioambiental.Tamén cursos de iniciación ou perfeccionamento tanto de surf como de skate co obxectivo, apuntou a directora xeral, de incorporar aprendizaxes transversais en igualdade e de respecto ao medio ambiente, facendo fincapé na corresponsabilidade e na coeducación dende idades temperás, ademais de promover a conciliación da vida familiar que favoreza o dereito ao coidado da familia e o desfrute do ocio e do tempo libre.No marco do Plan Corresponsables, estes Espazos de Conciliación na Praia tamén se habilitan nos outros dous campionatos promovidos pola World Surf League en Galicia: o Gadis Longboard Festival Ferrol, xa celebrado, e o Cabreiroá Junior Pro Razo, que se desenvolverá durante o vindeiro mes.Finalmente, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, o Goberno galego conta ademais cun convenio de 18.000 euros para ofrecer soporte e apoio a mulleres que foron vítimas da violencia de xénero e para que tanto elas coma os seus fillos poidan desfrutar dunha experiencia diferencial, cunha carga motivacional moi importante, neste evento que promove valores tan importantes como o respecto, a igualdade e o estilo de vida saudable.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN