Xunta de Galicia

A Xunta impulsa as vendas no comercio local de Vigo a través dos apoios para a dinamización dos centros comerciais abertos dotados con 2,25 M?

A Xunta impulsa as vendas no comercio local de Vigo a través dos apoios para a dinamización dos centros comerciais abertos dotados con 2,25 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na presentación da campaña "Fin de verán en Zona Náutico", organizada pola asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Náutico para incentivar as vendas na recta final do período estival

Esta acción está apoiada pola Xunta no marco da convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan en total 2,25 millóns de euros

Gabriel Alén salientou que a dixitalización, as ferramentas tecnolóxicas e as novas canles de difusión ofrecen ao pequeno comercio opcións innovadoras para incentivar as vendas e conectar cos consumidores

Tamén lembrou que xa está aberta unha nova convocatoria co obxectivo de potenciar a transformación sostible dos sectores comercial e artesán, así como impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na presentación da campaña

, apoiada pola Xunta e organizada pola asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Náutico de Vigo co obxectivo de dinamizar e fomentar o comercio local na recta final do período estival.O director xeral felicitou ao centro comercial aberto polo seu décimo aniversario e puxo en valor esta iniciativa, consistente no sorteo dunha xornada en veleiro pola Ría de Vigo por compras mínimas de 5 euros realizadas entre o 23 de agosto e o 1 de setembro en calquera dos establecementos asociados a Zona Naútico. Ademais, salientou que a dixitalización, as ferramentas tecnolóxicas e as novas canles de difusión ofrecen ao pequeno comercio opcións innovadoras para incentivar as vendas e conectar cos consumidores, destacando como exemplo o uso dunha aplicación para validar os tickets de compra ou a amplificación do concurso a través das redes sociais como elementos diferenciais polos que aposta esta campaña.Gabriel Alén destacou a relevancia do comercio na xeración de emprego e na dinamización das economías locais, como parte fundamental do crecemento económico e social de Galicia, e puxo o foco no labor fundamental que xogan os centros comerciais abertos na difusión e promoción do sector en vilas e cidades.Nesta liña, o Goberno galego apoia a campaña

no marco da convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos. Dotada cun orzamento de 2,25 millóns de euros, esta orde apoia, entre outras actuacións, a posta en marcha de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén financia descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de

ou desenvolvemento de aplicacións dixitais de fidelización.Durante a presentación, o director xeral tamén lembrou que está aberta ata o 13 de setembro unha nova convocatoria para potenciar a transformación sostible do comercio e impulsar a pemes e autónomos do sector téxtil. A orde busca fomentar o comercio circular, potenciando o uso eficiente das embalaxes, promovendo o emprego de materiais reciclados e reutilizables ou diminuíndo os residuos xerados, ademais de favorecer a concienciación do propio sector.Poden solicitala comerciantes retallistas con tenda física e obradoiros artesáns, asociacións de comerciantes, así como pemes e persoas autónomas do sector téxtil, dedicadas ao deseño, produción e venda de prendas de vestir, calzado e complementos.No caso de comerciantes e obradoiros, a orde contempla o programa Eco–Pack, destinado á adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cen biodegradables ou ecolóxicos.No que respecta ao sector téxtil, a convocatoria conta cos dous programas novidosos. Por unha banda, o programa Avanza Téxtil, orientado ao impulso dos pequenos produtores do sector con marca comercial propia. Inclúe accións como a participación en cursos de formación ou obradoiros de confección téxtil, a adquisición de maquinaria de destrución de téxtil para a súa posterior reutilización, a adquisición de maquinaria e ferramentas de corte e confección ou a organización e participación en tendas efémeras como

e

. Por outra banda, o programa Re–circular recolle accións que promoven o uso de materias primas e tecidos sustentables na produción co fin de reducir os residuos xerados e favorecer a súa reutilización e reciclaxe.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN