Xunta de Galicia

A Xunta licita as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía por 19 M?

A Xunta licita as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía por 19 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O futuro edificio de dúas plantas albergará 18 consultas de medicina xeral, 17 de enfermería, 6 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica

Ocupará unha superficie construída de 8.300 m², xerará dúas novas prazas abertas cara á cidade e aos viarios aos que dá fronte, a avenida da Mariña e a rúa Elpidio Villaverde

As empresas teñen de prazo ata o 20 de agosto para presentar as súas ofertas e as obras teñen un prazo de execución de 24 meses

A Xunta vén de licitar hoxe as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, nas que investirá un orzamento de 19 M?. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitaron hoxe o espazo onde se situará o futuro edificio e anunciaron que as obras iniciaranse a finais deste 2024. María Martínez Allegue destacou que a nova infraestrutura sanitaria, que a Consellería executará como encomenda do Sergas, “vai supoñer un antes e un despois na calidade asistencial” en Vilagarcía e “amosa o compromiso da Xunta coa sanidade pública e co coidado das persoas”. “O noso obxectivo –indicou– é axilizar os prazos e traballaremos arreo para que este novo centro sexa unha realidade canto antes para a cidadanía de Vilagarcía”. Hai que sinalar que as empresas teñen de prazo ata o 20 de agosto para presentar as súas ofertas.A conselleira subliñou así mesmo o deseño arquitectónico do futuro inmoble, “onde prima tanto a calidade como a funcionalidade” e que o converterá en referente, ao xerar coa súa forma de dobre U dúas novas prazas abertas cara á cidade e cara aos viarios aos que dá fronte (avenida da Mariña e rúa Elpidio Villaverde).M. Allegue incidiu en que, ao igual que no resto das infraestruturas sanitarias que se están a desenvolver, buscouse “crear un espazo que facilite tanto o traballo do persoal sanitario, como procurar o benestar dos usuarios que van ser atendidos”.Ademais, quixo destacar tamén a colaboración entre administracións no proceso de posta a disposición dos terreos portuarios da antiga Comandancia “grazas a un protocolo asinado entre a Xunta, o Concello e Autoridade Portuaria”.Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, incidiu na importante mellora que suporá o novo centro de saúde para a poboación de Vilagarcía de Arousa que disporá dunha infraestrutura sanitaria máis moderna e innovadora que ofrecerá “máis funcionalidade e máis prestacións”.Explicou que o novo centro de saúde disporá de máis consultas de medicina de familia, máis consultas de pediatría, así como de enfermería e de enfermería pediátrica, e suporá unha mellora e ampliación das prestacións sanitarias.Será “un centro de saúde do século XXI, para unha Vilagarcía do século XXI”, remarcou.O futuro centro ocupará unha superficie construída de 8.300 m² e terá forma de dobre U, que xerará ademais dúas prazas abertas cara á cidade e cara aos viarios aos que dá fronte (Avenida da Mariña e rúa Elpidio Villaverde).Nestas novas prazas, xogará tamén un papel moi importante a vexetación, que se disporá tanto nos percorridos peonís como a zona viaria, e servirá como nexo de unión coa zona do porto. O peche exterior executarase con celosías elaboradas con madeira de batea que filtran a luz natural e preservan a privacidade, mentres que as salas de espera e áreas comúns do edificio acondicionaranse con espazos vidrados con control solar e madeira vista no interior, que buscan conferir ao edificio un carácter máis amable.O plan funcional establecido para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa prevé chegar ás 18 consultas de medicina xeral, outras 17 consultas de enfermería (4 máis), 6 consultas de pediatría e 5 de enfermería pediátrica.As instalacións contarán tamén con 2 consultas de odontoloxía, 2 consultas de hixienista dental, 2 consultas de fisioterapia, 1 consulta de nutricionista, outra de psicoloxía, 1 consulta da muller, 2 consultas de matrona, 1 consulta de rehabilitación, 5 consultas de docencia e 3 consultas polivalentes; ademais de sala de técnicas, sala de toma de mostras, sala de lactancia, sala de educación para a saúde ou sala de rehabilitación con 6 cabinas.A área do PAC disporá de dúas salas de espera independentes, área de respiratorios, 3 consultas de medicina, 2 consultas de enfermería, 1 consulta de reanimación e 1 consulta de observación.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín