Xunta de Galicia

A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo

A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitan o albergue Area con 100 rapaces por quenda

A representante da Consellería de Cultura participa, ademais, con 20 mozos nunha actividade de iniciación ao surf organizada polo Espazo Xove de Viveiro

A oferta en xeral da Administración autonómica para a mocidade de entre 9 e 17 anos é de 7.611 prazas

A Xunta de Galicia ofrece este verán 1.800 prazas para nenos e nenas de 9 a 17 anos nos campamentos da provincia de Lugo. Así o explicou hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue Area, en Viveiro, que conta con 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do País Vasco grazas aos programas de intercambio.Nesta visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa mocidade galega. “Contamos cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”, engadiu.Neste senso, indicou que a oferta da provincia de Lugo forma parte da campaña que, baixo o lema

, inclúe un total de 7.611 prazas nesta modalidade en toda a Comunidade. Trátase dunha cifra que, tal e como lembrou Lara Meneses, está incluída na programación estival da Xunta, a maior convocatoria da súa historia, con 11.533 prazas.Tras esta visita, a directora xeral de Xuventude aproveitou a ocasión para participar, xunto con 20 mozos e mozas, nunha actividade iniciación ao surf organizada polo Espazo Xove de Viveiro na praia de Esteiro de Bares do concello de Mañón.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN