Xunta de Galicia

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa "Tech Kids" para impulsar o talento dixital da rapazada

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, busca este ano fomentar a colaboración interxeracional

Está dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que recibirán formación de deseño en 3D, programación, pilotaxe de drons ou realidade virtual

Tras as sesións formativas, os participantes abordarán retos tecnolóxicos en equipos integrados por persoas de diferentes xeracións

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), pon en marcha unha nova edición do programa

, para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a rapazada. Este ano a iniciativa desenvolverase baixo o lema "

, buscando a colaboración interxeracional na resolución de diferentes retos tecnolóxicos.As actividades, que arrancarán mañá, mércores 28, na aula CeMIT de Santa Comba, desenvolveranse ata outubro a través de sesións formativas de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de diversos concellos de toda Galicia. Ademais, o día 10 de setembro celebrarase unha sesión formativa no Centro Gaiás Tech na Cidade da Cultura. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da

da Rede CeMIT.As actividades están destinadas a rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos, que durante 4 horas realizarán actividades de deseño e modelado en 3D, práctica guiada de construción e programación dun robot ou experiencias inmersivas en realidade virtual.A partir desta aprendizaxe sentaranse as bases para poder deseñar e desenvolver voluntariamente un reto científico–tecnolóxico en equipo, integrado por persoas de diferentes xeracións.Os proxectos resultantes destas actividades publicaranse na páxina web e nas redes sociais do programa

e premiarase aos mellores equipos participantes e proxectos realizados nun acto de entrega que se realizará no Centro Gaiás Tech a finais do mes de outubro.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN