Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor o labor que realiza o centro do Veral para a recuperación da fauna silvestre en Lugo

A Xunta pon en valor o labor que realiza o centro do Veral para a recuperación da fauna silvestre en Lugo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A directora xeral de Patrimonio Natural visitou as instalacións, que foron renovadas recentemente cun investimento de preto de 550.000 euros para facelo máis funcional e melloras as condicións de traballo dos seus profesionais

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou esta semana o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Veral, en Lugo, onde puxo en valor o traballo que realiza o seu persoal no coidado e restablecemento dos animais salvaxes autóctonos da provincia que non están en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural.A finalidade última destas instalacións é devolver eses animais ao seu hábitat e, cando non é posible, integralos en programa de conservación

–fóra do medio natural– ou de educación medioambiental.A representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comprobou o resultado das obras de renovación do centro, cun investimento de preto de 550.000 euros para facelo máis funcional e mellorar as condicións de traballo dos seus profesionais. De feito, as actuacións supuxeron a construción dun novo edificio que permite conectar todas as dependencias destinadas aos animais e, en paralelo, mellorar as estancias nas que se atopan os servizos administrativos.A estrutura do inmoble principal repártese en dous módulos, un administrativo no que se realizara a recepción dos animais, o tratamento e a atención veterinaria, e outro para a recuperación inicial dos exemplares e os servizos de atención. A parte administrativa conta con dependencias como oficina–sala de recepción, consulta–sala de operacións, sala de persoal, vestiarios, sala de crías, unidade de coidados e almacén.O módulo de recuperación conta cunha cámara para mamíferos, catro cámaras de voo de aves –tres xa preexistentes que se conservan parcialmente e unha nova–, seis azoreiras, tres salas de mudas, tres para aves nocturnas, un almacén, unha sala de necropsias, un túnel de voo e piscinas de aves peláxicas. No caso do túnel de voo, ten dous compartimentos para que as aves recuperadas practiquen antes de volver ao medio, mentres que a zona de especies acuáticas se ampliou con dúas novas piscinas.Este centro de recuperación de fauna é un dos catro existentes en Galicia –un por provincia– e recibiu o ano pasado algo máis de 600 exemplares de fauna silvestre entre aves, mamíferos e réptiles.Ás instalacións de Lugo súmanse as de Santa Cruz, no concello coruñés de Oleiros; as do Alto do Rodicio, no municipio ourensán de Maceda; e as de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo–Cotobade. Ao longo de 2023 os catro centros recibiron un total de 4.830 animais, a maioría deles aves, seguidas de mamíferos e réptiles.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN