Xunta de Galicia

A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros

A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

En total construiranse 50 novas vivendas, 106 prazas de garaxe e 4 locais de uso comercial na parcela Z–38, que ten unha superficie aproximada de 1.600 m2

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando na tramitación do contrato para a construción de 50 novas vivendas de promoción pública na parcela Z–38 de Xuxán, na Coruña.Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das ofertas presentadas a estas obras, licitadas por máis de 11 millóns de euros. Son catro as empresas que optan á construción das vivendas.Trátase de construír 50 vivendas, 106 prazas de garaxe e 4 locais de uso comercial na parcela Z–38.En concreto, a nova promoción obxecto desta licitación emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.600 metros cadrados. O inmoble coas 50 vivendas disporá de tres plantas subterráneas, onde se sitúan os garaxes, rochos e espazos para as instalacións, e dunha planta baixa, onde se localizan os portais de acceso ás vivendas, locais comerciais e locais de instalacións comúns.Nas cinco plantas altas haberá 50 vivendas. En total, o edificio terá 36 vivendas de 3 dormitorios (entre 87,25 e 90,60 metros cadrados útiles, das cales 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida), 7 con 4 estancias (entre 112 e 114 metros cadrados útiles) e 7 con 2 dormitorios (entre 70,45 e 72,50 metros cadrados útiles).Na planta baixa sitúanse os portais de acceso, os locais comerciais, o local comunitario, as salas de instalacións e parte da reserva de espazo para os residuos.As obra son financiadas en preto do 75% con fondos propios da Xunta, e contan con fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín