Xunta de Galicia

A Xunta reúnese co Concello de Ourense e os praceiros para seguir avanzando na reapertura da Praza de Abastos nº1

A Xunta reúnese co Concello de Ourense e os praceiros para seguir avanzando na reapertura da Praza de Abastos nº1

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A reunión celébrase unha vez entregado o plan funcional do mercado, financiado polo Goberno autonómico e xa aprobado polos praceiros, e que é a folla de ruta para facilitar o traslado dos comerciantes dende a súa ubicación provisional na Alameda e a reapertura do edificio histórico

O Goberno galego, o Concello e os praceiros coincidiron na necesidade de axilizar o máximo posible a entrega e recepción das actuais obras que se están a realizar no interior e exterior do mercado, avanzando o goberno municipal que apurarán no mes de agosto estes traballos

Unha vez recepcionadas as obras, e tal e como recolle o plan funcional, poderase rematar de perfilar o cronograma de actuacións e orzamentos necesarios para acometer a seguinte fase da obra, que deberá culminar coa reactivación deste espazo comercial

José González remarca o compromiso da Xunta no desbloqueo dunha infraestrutura estratéxica para a cidade, para o que se financiou este plan funcional e afóndase na intermediación entre Concello e praceiros co fin de impulsar unha nova etapa para a Praza de Abastos nº1 de Ourense

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse esta mañá en Ourense co alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, e co presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza de Abastos nº1 de Ourense, Emilio González, co obxectivo de seguir avanzando no reinicio da actividade neste edificio histórico. Esta reunión celébrase unha vez rematado e entregado o plan funcional do mercado, documento financiado pola Xunta e que, despois de xa ser aprobado polos praceiros, convértese na folla de ruta chave para facilitar o traslado dos comerciantes dende a súa actual ubicación provisional, na Alameda, e a reapertura deste mercado. No encontro, no que tamén estiveron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, por parte da Xunta; ademais do concelleiro Francisco Lorenzo, o xerente da asociación de comerciantes, Alberto González, e o técnico José Luis Sousa; o conselleiro remarcou o compromiso da Xunta co desbloqueo dunha infraestrutura estratéxica para a cidade. Froito deste posicionamento, lembrou José González, foi a financiación do plan funcional –entregado en menos dun mes, prazo estipulado cando se asinou o convenio para a súa elaboración o pasado 3 de xullo–, dentro da vontade do Goberno autonómico por seguir afondando na intermediación entre Concello e praceiros para garantir a reactivación deste espazo comercial coas máximas garantías para comerciantes, veciños, Concello e a propia cidade.Dentro deste mesmo marco de colaboración celebrouse hoxe esta reunión, na que Xunta, Concello e os praceiros coincidiron na necesidade de axilizar o máximo posible a entrega e recepción das obras que se están a realizar no interior e exterior do mercado, avanzando o goberno municipal que apurarán no mes de agosto estes traballos. Este é un paso fundamental, tal e como sinala o propio plan funcional, para rematar de perfilar o cronograma de actuacións e orzamentos necesarios para acometer a seguinte fase da obra, que debe culminar co traslado dos praceiros ao edificio histórico.O plan funcional da Praza de Abastos nº1 de Ourense elaborouse atendendo ás propostas dos comerciantes e en coordinación directa cos técnicos municipais, sempre tendo en conta as singularidades e potencialidades do mercado e incluíndo nel aspectos básicos como a disposición dos postos, as necesidades de electrificación e ventilación, ou a valoración doutras cuestións fundamentais como a reforma do Rianxo ou melloras no eido da accesibilidade.O traballo realizado pola Xunta neste mercado de Ourense está aliñado coa aposta que está realizando a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar as prazas de abastos nas cidades e vilas galegas como motores fundamentais do comercio de proximidade, actores chave na vertebración e dinamización do territorio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN