Xunta de Galicia

A Xunta seguirá colaborando co regadío da Limia e reclámalle ao Goberno central un maior compromiso

A Xunta seguirá colaborando co regadío da Limia e reclámalle ao Goberno central un maior compromiso

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuníronse hoxe con representantes da Comunidade de Regantes da Limia

Rodríguez puxo de relevo as inversións feitas polo Goberno autonómico, con case sete millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío “unha inversión imprescindible” para que se puidera levar a cabo a súa modernización

Lembrou que “non asumir entre todos este compromiso” poderá “poñer en perigo todo aquilo polo que estamos loitando”, como a produción agroalimentaria da zona, a recuperación da terra agraria e a remuda xeracional

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Comunidade de Regantes da Limia, Amador Saborido e Amador Díaz. Nesta xuntanza abordáronse diferentes cuestións vencelladas coa situación e modernización do Regadío da Limia.En declaracións aos medios, a directora xeral puxo de relevo as inversións feitas polo Goberno autonómico, con case sete millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, “unha inversión imprescindible” para que posteriormente se puidera levar a cabo a modernización deste regadío. Esta inversión fíxose integramente con fondos propios da Xunta e foi destinada exclusivamente aos regantes. Neste sentido, Rodríguez solicitoulle ao Goberno central “que se comprometa” como o está a facer o Executivo galego “para apostar polos regantes, polo regadío e por toda a comarca da Limia”.A directora xeral solicitou que se faga un esforzo no eido dos trámites administrativos relacionados coa superficie de hectáreas regable, co fin de que se amplíe o límite establecido para poder chegar a máis puntos da comarca. Explicou tamén que, tal e como xa se demandou varias ocasións, pídeselle ao Goberno central que asuma o IVE. Paz Rodríguez lembrou que “non asumir entre todos este compromiso” poderá “poñer en perigo todo aquilo polo que estamos loitando”, como a produción agroalimentaria da zona, a recuperación da terra agraria e a remuda xeracional.Neste sentido, explicou que “é fundamental que todos estemos a prol do desenvolvemento socioeconómico da comarca” e afirmou que a Xunta de Galicia vai estar ao carón dos regantes “como o estivo sempre”. Paz Rodríguez e Luis Menor adiantaron que, no caso de que o Goberno central non asuma as súas responsabilidades, a Xunta e a Deputación de Ourense colaborarán para que non perigue o regadío da Limia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN