Xunta de Galicia

A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes

A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, reuniuse coa Comisión de Dixitalización da Confederación de Empresarios de Galicia

Na actualidade está en marcha unha convocatoria de axudas para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e áreas loxísticas

Os empresarios recibiron tamén información sobre o anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, mantivo esta semana un encontro cos integrantes da Comisión de Dixitalización, Innovación e Economía Verde da Confederación de Empresarios de Galicia na que informou sobre a nova convocatoria de axudas para a dotación de banda longa a Pemes en polígonos industriais e áreas loxísticas.Estas axudas, que foron publicadas o pasado mércores no

, forman parte das actuacións do programa Único xestionadas polas Comunidades Autónomas cunhas condicións predefinidas polo Estado. Esta liña de apoios a empresas conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros. As empresas poderán optar a axudas de ata 60.000 euros.No encontro, que tivo lugar na Confederación de Empresarios de Galicia, o director da Axencia autonómica informou tamén sobre os contidos do anteproxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, que será debatida este ano polo Parlamento de Galicia. Cerviño trasladou aos empresarios que o texto legal prevé o establecemento de axudas e incentivos fiscais para proxectos empresariais que incorporen a intelixencia artificial. Tamén trasladou que a lei incide en aspectos como a formación ou a creación, retención e atracción de talento nesta materia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN