aumenta a reciclaxe

Lugo é unha cidade "máis limpa e sostible"

O Concello informa de que a reciclaxe de envases lixeiros aumentou un 12% no que vai de ano

Miguel reciclando
00:00
Ramudo

No que vai de ano, aumentou nun 12% a reciclaxe de envases lixeiros en Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, informou de que as medidas impulsadas polo goberno local de Lugo están a consolidar as prácticas de economía circular entre a poboación lucense, de xeito que estamos ante unha "cidade máis limpa e sostible", pola mellora do servizo de limpeza, pero tamén pola concienciación e "o esforzo" dos propios cidadáns. 

Nese sentido, o concelleiro precisou que "o incremento do 12% na reciclaxe de envases lixeiros entre xaneiro e agosto de 2024, cun total de 113 toneladas máis respecto ao mesmo período de 2023, subliña o éxito destas medidas e a implicación cidadá para reducir o impacto ambiental".

O papel e cartón tamén rexistran un aumento de 4000 quilos, acadando un total de 1.186 toneladas. "Este crecemento é unha mostra do compromiso continuo da cidade co uso eficiente dos recursos e a redución da sobrecapacidade no uso de materiais", engadiu.

"A veciñanza está a dar un exemplo de responsabilidade ambiental que vai máis aló dun cambio temporal", sinalou o edil de Transición Ecolóxica. "Estamos a ver como o esforzo de todos se traduce nunha cidade máis limpa e nun futuro máis sostible", destacou ao respecto o edil.

os lucenses apostan pola reciclaxe

Fernández tamén subliñou que "estas cifras confirman que os lucenses apostan pola reciclaxe de maneira consistente e que as iniciativas de concienciación, impulsadas polo Goberno local, están a dar os seus froitos".

Ademais dos envases lixeiros e o papel, o aceite vexetal doméstico experimentou un notable incremento, recolléndose un 37% máis, cun total de 18,45 toneladas no que vai de ano. Pola súa parte, os residuos textís mantéñense estables, con cifras similares ao ano anterior, rexistrando 114 toneladas.

En canto ao colector marrón, entre xullo e agosto recolléronse 4,6 toneladas de residuos orgánicos, cunha media semanal de 511 quilogramos.

Estes resultados foron posibles grazas á participación de 450 veciños, que depositan unha media de 1,14 kilos de residuos por usuario cada semana. A previsión é que estas cifras medren gradualmente conforme se instalen os 800 colectores contemplados ao remate da implantación do servizo, reforzando así as facilidades para que a veciñanza manteña o seu compromiso medioambiental, precisou o concelleiro.

Temas relacionados

Escucha en directo

Directo

COPE LUGO

Directo

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 24 SEP 2024 | BOLETÍN