Xunta de Galicia

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas por primeira vez desde que hai rexistros

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de desemprego inferior ás 118.000 persoas por primeira vez desde que hai rexistros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A baixada do paro nun –8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en termos relativos

A comunidade galega é, ademais, a segunda na que máis baixa o paro con respecto a maio, tamén en termos porcentuais

O paro diminuíu na evolución anual e mensual nas catro provincias galegas, en todos os sectores de actividade e entre as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración

A cifra de afiliacións –1.084.871– é a máis alta nun mes de xuño desde 2005

González puxo en valor a evolución favorable do mercado laboral galego e destacou o traballo da Xunta para que nas listas do paro estean as persoas que demandan un emprego dun xeito activo

O mercado laboral galego continúa cunha evolución favorable pechando xuño con datos históricos un mes máis. É a primeira vez desde que hai rexistros (1996) que o paro sitúase por debaixo das 118.000 persoas, en concreto, rexistráronse 117.938 persoas en situación de desemprego, a cifra máis baixa desde hai 28 anos. Así o afirmou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos que fixo na apertura do polo de emprendemento de Sarria. González salientou, ademais, que Galicia lidera a caída do paro na evolución anual (–8,59%) en termos relativos e é a segunda comunidade na que máis baixa o paro, tamén en valores porcentuais (–3,36%), con respecto a hai un mes.O paro caeu na evolución anual e mensual, nas catro provincias galegas, en todos os sectores de actividade e tamén nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como son, entre outros, as mulleres ou os menores de 30 anos.Na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (–12,78%) seguido da industria (–12,37%), da construción (–12,13%) e dos servizos (–7,89%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (–9,19%), entre os menores de 30 anos (–8,20%) e nos parados de longa duración (–5,59%). Ademais, as cifras de desempregados xuvenís e de mulleres neste mes acadan ser as menores de toda a serie histórica (2005). Con respecto a xuño de 2023, ademais, o desemprego descendeu tamén nas sete grandes cidades.Con respecto á evolución mensual, o paro tamén baixa en Galicia con respecto a maio, nun –3,36%, o que supón 4.098 persoas menos en situación de desemprego. O descenso é case o dobre que o rexistrado no Estado. O paro caeu tamén en todos os sectores liderando o diminución o primario (–3,80%) seguido dos servizos (–3,50%). Baixou tamén entre as mulleres e os menores de 30 anos.José González tamén valorou os datos de afiliacións á Seguridade Social que suman en Galicia 1.084.871, a cifra máis alta nun mes de xuño desde 2005. Resaltou, ademais, que o emprego crece máis en Galicia que na media do Estado con respecto a maio, xa que o incremento nas afiliacións é maior na comunidade galega que na media estatal.O conselleiro, tras poñer en valor que Galicia leva cinco meses consecutivos de caídas do paro, acadando, ademais, cifras históricas cada mes, explicou que o Goberno galego seguirá deseñando políticas de emprego que demostran ser eficaces para continuar xerando emprego de calidade en Galicia, tanto por conta propia como por conta allea.Referiuse á modernización do Servizo Público de Emprego con medidas, entre outras, como a ferramenta baseada en Intelixencia Artificial, Emi, para casar oferta e demanda que é pioneira no Estado; e “aos bos resultados” do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego que está a permitir afinar que nas listas do paro estean as persoas que demandan emprego dun xeito activo. “O noso obxectivo é que as persoas que buscan activamente un emprego poidan conseguilo canto antes, ter ese posto de traballo, e cubrir tamén esa falta de man de obra que nos trasladan as empresas”, indicou.José González, ademais, indicou que a Xunta segue a despregar a Rede de polos de emprendemento que hoxe mesmo sumou un novo laboratorio, o de Sarria, o que supón a oficina número 14, coa previsión de ampliarse ata 15 nas vindeiras semanas co polo de Vilanova de Arousa. Por último, mostrouse preocupado polo absentismo laboral e incidiu en que un dos retos principais do Goberno galego é garantir a produtividade do tecido empresarial, que se adoptará sempre desde o consenso, rematou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN