Xunta de Galicia

Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse esta mañá en Ponte de Lima (Portugal) para identificar as áreas prioritarias

Máis dun cento de axentes do ecosistema de I+D+i da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal reuníronse esta mañá na Escola Superior Agraria de Ponte de Lima (Portugal) para definir, a través dun proceso participativo, as áreas prioritarias e as actuacións máis relevantes da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027. Esta xornada parte dos resultados extraídos no obradoiro celebrado no mes de maio en Vigo para avaliar a estratexia actual e rematará coa presentación no outono da nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia–Norte de Portugal (RIS3T).A RIS3T é unha iniciativa pioneira, por tratarse da primeira RIS3 transfonteiriza en Europa, e foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea. O seu obxectivo é aliñar as políticas de apoio á I+D+i na Eurorrexión e poñer en marcha proxectos coordinados. Para elo, na RIS3T 2014–2020 implementáronse actuacións encamiñadas a potenciar as capacidades das entidades da Eurorrexión e aproveitar as sinerxías entre elas, optimizando así recursos públicos, en seis áreas: enerxía do mar e biomasa, industrias agroalimentaria e biotecnolóxica, Industria 4.0, industrias de mobilidade, industrias turísticas e creativas e vida saudable e envellecemento activo.Entre os principais resultados acadados, destaca o incremento nos fondos mobilizados en programas europeos de innovación respecto do obxectivo marcado: 517,8M? acadados en Horizonte 2020 –programa marco de financiamento da I+D+i a nivel europeo– fronte aos 360M? previstos. Así mesmo, cómpre subliñar o investimento mobilizado en programas de cooperación –como Interreg Poctep e Espazo Atlántico– polos axentes da Eurorrexión: 153M?.Esta actividade enmárcase no proceso participativo con representantes do ecosistema de I+D+i –universidades, centros de coñecemento e tecnolóxicos, empresas e Administracións públicas–, que busca adecuar a RIS3T á evolución dos retos da Eurorrexión. Está organizada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR–NORTE) ao abeiro do proxecto GOBERNANZA_GNP_1_E, liderado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal (GNP–AECT) e financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España–Portugal (POCTEP) da Unión Europea.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN