Xunta de Galicia

Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da DOP Arzúa-Ulloa como instrumento de dinamización do territorio

Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da DOP Arzúa-Ulloa como instrumento de dinamización do territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa “sustentabilidade do territorio” e serve para “poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado”

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asume por completo o financiamento deste proxecto senlleiro, que ascende a máis de 60.000 euros

A iniciativa, presentada polo concello de Curtis, implicará outros 31 municipios das comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza, fomentando o turismo, a creación de riqueza e emprego, así como os seus produtos de calidade

A Consellería do Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa–Ulloa como instrumento de dinamización do rural e produto turístico. Esta iniciativa, que capitanea o concello de Curtis, beneficiará outros 31 municipios máis pertencentes ás comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza. A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa “sustentabilidade do territorio” e serve para “poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado”. Este é, precisamente, “o piar fundamental da Consellería do Medio Rural, manter o territorio vivo”, engadiu Gómez, quen estivo acompañada neste acto pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e de Curtis, Javier Caínzos, entre outras autoridades.Por medio deste proxecto crearanse novas rutas, cunha visión claramente turística, nas que os visitantes poidan experimentar as diferentes etapas da produción do queixo e, ao mesmo tempo, coñecer o patrimonio da zona. Así, este proxecto permitirá potenciar a historia, promocionar os produtos e a actividade agroalimentaria da zona, xerar riqueza e emprego e mellorar os tecidos culturais, educativos e produtivos. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asume por completo o financiamento desta iniciativa, que ascende a máis de 60.000 eurosA dixitalización do roteiro das igrexas da DOP Arzúa–Ulloa, que se enmarca dentro dos proxectos senlleiros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, enriquecerá este instrumento turístico e ofrecerá unha maior visibilidade á denominación de orixe, así coma ao valor cultural e natural da súa contorna.Neste contexto, a conselleira do Medio Rural reiterou o apoio da Xunta á calidade alimentaria a través de diferentes vías, como as axudas aos consellos reguladores ?o da DOP Arzúa–Ulloa recibiu preto de 150.000 euros no último ano–, o fomento da transformación e comercialización de produtos agroalimentarios en Galicia, que este ano permitirá apoiar 62 proxectos, e o mantemento de liñas específicas de axudas para promover a calidade alimentaria.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN