Xunta de Galicia

Medio Rural reitera o seu apoio ao fomento do castiñeiro e á recuperación de soutos como acción para coidar o territorio

Medio Rural reitera o seu apoio ao fomento do castiñeiro e á recuperación de soutos como acción para coidar o territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A titular da Consellería puxo de relevo a aposta por aqueles produtos da nosa comunidade recoñecidos por unhas características específicas

Ademais, destacou as achegas destinadas ao fomento do castiñeiro, nas que na convocatoria actual se rexistraron 118 solicitudes, ademais daquelas dirixidas ás frondosas e o labor das agrupacións forestais de xestión conxunta

Cualificou a Alibós como unha empresa que “impulsa ao sector primario, repercute de forma positiva no consumidor e garante os beneficios dun produto ecolóxico e saudable”

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou hoxe as plantacións da empresa de produción e procesamento de castaña, Alibós, no concello lucense de Monterroso. Alí destacou o apoio da Consellería á Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as axudas para o fomento do castiñeiro e a Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas impulsadas polo Goberno galego, así como as agrupacións forestais de xestión conxunta.Gómez puxo en valor a certificación IXP Castaña de Galicia e o labor dos consellos reguladores, que garanten as características do produto. Nesta liña, dirixiuse ao xerente da compañía Alibós, Jesús Quintá, que ocupa tamén o cargo de presidente do consello regulador desta indicación. A conselleira do Medio Rural salientou a “aposta pola calidade diferenciada das producións primarias” a través de liñas específicas de axudas para favorecer aos consellos reguladores, fomentar a integración dos produtores en réximes de calidade e apoiar os programas de mellora e control desta.Ademais, María José Gómez fixo referencia ás axudas para o fomento do castiñeiro promovidas pola Consellería, que contaron na convocatoria actual cun 30% máis de orzamento, acadando o 1,3 millón de euros. Así, máis da metade das solicitudes destas achegas, das que se recibiron en total 118, concentráronse na provincia de Lugo. Estas compleméntanse coas destinadas á mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas, que se convocaron este ano por primeira vez cun orzamento de preto de 2 millóns de euros. De feito, a conselleira manifestou a súa aposta por impulsar a Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas, recentemente aprobada polo Consello da Xunta.Así mesmo, a conselleira citou tamén as agrupacións forestais e de xestión conxunta, mediante as que se fomenta a recuperación, conservación e xestión das plantacións de castiñeiros tradicionais, sinalando especialmente a de Paradela e O Incio, situadas na provincia de Lugo. En relación coas axudas anteriores, unha das súas finalidades é a xestión activa e valorización das masas consolidadas de frondosas autóctonas.Gómez cualificou á empresa Alibós como un “exemplo de impulso ao sector primario e repercusión positiva no consumidor, ademais de promover a través do seu traballo a garantía e fomento dun produto ecolóxico e saudable como a castaña”, de especial importancia no ámbito autonómico, xa que Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de España, absorbendo máis da metade do total nacional.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín