Xunta de Galicia

Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade

Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A titular da Consellería visitou as novas instalacións, nas que se elaborará ovo a baixa temperatura, conseguindo conciñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para o seu consumo

Ademais, puxo de relevo que esta actividade innovadora ofrece un valor engadido a un produto básico da alimentación como é o ovo

María José Gómez destacou esta empresa familiar como un exemplo de remuda xeracional dentro do sector primario, o que é unha das apostas do Goberno autonómico nos vindeiros anos para conseguir a incorporación de mozos ao agro

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da nova planta de ovoelaborado de Granxa Campomayor, situada no polígono lucense das Gándaras, onde puxo en valor o traballo desta empresa familiar a prol da potenciación do sector avícola galego a través da innovación e a calidade.A inauguración, que contou cunha visita polas instalacións, serviu para coñecer como se traballará nela para elaborar o produto con ovo a baixa temperatura, conseguindo cociñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para consumir. A conselleira quixo resaltar esta actividade e a contribución desta empresa para que o sector medre e se consolide como unha potencia innovadora, ofrecendo valor engadido a un produto básico da alimentación como é o ovo.Ademais, María José Gómez salientou que Campomayor é un exemplo da remuda xeracional pola que se está a traballar no Goberno galego dentro do sector primario, xa que é unha granxa familiar que xa vai pola terceira xeración. Nesta liña, engadiu que acadar esa remuda e favorecer a incorporación de mozos ao agro é unha das apostas da Xunta para os vindeiros anos.A Granxa Campomayor, empresa que iniciou a súa actividade en 1995, aínda que a súa historia comeza en 1942, é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia con preto de 480.000 prazas de poñedoras, o que supón máis do 46% do total das prazas coas que se dispón na nosa comunidade. Esta planta únese ás instalacións coas que xa conta por varios puntos da xeografía galega: Ximonde e Campomayor, no concello de Palas de Rei, Boimorto (A Coruña) e Vilalba (Lugo).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN