Xunta de Galicia

As obras da senda entre a Estación Intermodal de Santiago e San Caetano farán necesario o corte diúrno do tráfico na contorna da rúa Fontes do Sar este xoves e venres

As obras da senda entre a Estación Intermodal de Santiago e San Caetano farán necesario o corte diúrno do tráfico na contorna da rúa Fontes do Sar este xoves e venres

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra no treito do novo itinerario, que parte da rúa Clara Campoamor e finalizará no complexo administrativo da Xunta, procederase ao corte de distintos tramos desta rúa, entre as 8:30 e as 18:30 horas

Na xornada do xoves, día 4, o corte diúrno realizarase na rúa Fontes do Sar, desde a rúa Londres ata a rúa Costa do Vieiro en ambos os dous sentidos simultaneamente; permanecendo aberta á circulación a rotonda e o paso baixo a SC–20

Durante o venres día 5 o corte do tráfico na rúa Fontes do Sar comprenderá o tramo desde a rúa Londres ata as rúas Bañas do Sar e Casas Hedra, ambas as dúas incluídas, e en ambos sentidos; incluíndo tamén a rotonda e o paso baixo a SC–20

Esta actuación forma parte do novo itinerario que conectará O Milladoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e o complexo administrativo de San Caetano a través de 13 km que suporán un investimento global de case 12 M?

Os traballos en execución do treito da nova senda entre a estación intermodal de Santiago e o complexo administrativo de San Caetano, farán necesario un corte de tráfico na contorna da rúa Fontes do Sar, no concello de Santiago, durante este vindeiro xoves e venres, entre as 8:30 horas e as 18:30 horas.Este peche de circulación forma parte dos traballos en execución, no treito do novo itinerario, que parte da rúa Clara Campoamor e finalizará no complexo administrativo da Xunta, cun investimento de preto de 2,4 M?.Co obxectivo de seguir avanzando nos traballos na zona da rotonda de Fontiñas e da rúa Fontes do Sar, tras a coordinación co Concello de Santiago, o xoves, día 4, o corte diúrno realizarase na rúa Fontes do Sar, desde a rúa Londres ata a rúa Costa do Vieiro en ambos os dous sentidos simultaneamente. Permanecerá aberta á circulación a rotonda e o paso baixo a SC–20.Para continuar as obras, durante a xornada do venres día 5, a afección ao tráfico na rúa Fontes do Sar comprenderá o tramo desde a rúa Londres ata as rúas Bañas do Sar e Casas Hedra, ambas as dúas incluídas, e en ambos sentidos. Neste caso, cortarase todo o tramo, incluíndo a rotonda e o paso baixo a SC–20.Así, segundo a programación inicial dos traballos, estes dous días acometerase o aglomerado das rúas nas que se está intervindo, e nas que se está habilitando o espazo para o carril bici, o que implicou a necesidade de modificar a configuración existente. Ademais, tamén se aproveitou para mellorar a drenaxe da rotonda de Sar, en coordinación co concello de Santiago, e así mellorar o comportamento en episodios de fortes choivas.Cómpre lembrar que esta actuación entre a estación intermodal de Santiago e o complexo administrativo de San Caetano forma parte da creación do novo itinerario que conectará O Milladoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e o complexo administrativo de San Caetano: case 13 km que suporán un investimento de case 12 M?.A intervención enmárcase nos proxectos impulsados polo Goberno galego ao abeiro dos fondos Next Generation, co fin de fomentar a mobilidade sostible nas cidades galegas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN