Xunta de Galicia

Rueda acorda co presidente da Deputación de Pontevedra impulsar a rehabilitación do convento de Santa Clara e do Cine Fraga

Rueda acorda co presidente da Deputación de Pontevedra impulsar a rehabilitación do convento de Santa Clara e do Cine Fraga

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Consensúan crear unha comisión de seguimento e axilizar os trámites necesarios no caso do mosteiro pontevedrés

O presidente da Xunta adianta que o próximo luns o Consello da Xunta aprobará o protocolo de compra do inmoble situado na cidade olívica por 9,3 M?, asumindo o Goberno galego o 51% do custo e a Deputación o 49%

Anuncia o inicio das obras de recuperación no Pazo de Lourizán, no que se investirán 18 M? ata 2026

Valorou que a Administración provincial se una á reclamación conxunta para demandar a alta velocidade ferroviaria entre Galicia e o Norte de Portugal

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da Deputación de Pontevedra, Luis López, acordaron hoxe continuar impulsando a rehabilitación e recuperación do convento pontevedrés de Santa Clara e do Cine Fraga en Vigo.Así o explicaron hoxe tras manter unha xuntanza de traballo, na que, en relación ao mosteiro pontevedrés, se acordou que a Xunta de Galicia axilice todas as cuestións relacionadas con autorizacións, permisos ou licenzas. Ambas institucións asinaron un protocolo en xaneiro para recuperar este patrimonio cultural. A previsión é investir na súa rehabilitación uns 24 millóns de euros, nos que se inclúen os 6 millóns que aporta o Goberno galego. O calendario que se manexa é que se inicien as obras a finais deste ano.En canto ao cine situado na cidade olívica, Rueda avanzou que o próximo luns se aprobará no Consello da Xunta o protocolo de compra do inmoble, que será de 9,3 M? financiado a dúas bandas: o 51% a Xunta e o 49% restante a Deputación. O presidente do Goberno galego apuntou que “xa se fixeron algunhas obras de reforma nos últimos anos, o cal nos permite ter traballo adiantado”. En paralelo, desde a Administración autonómica xa se está avanzando no plan de usos, para o que se contará co consenso do sector.O titular do Executivo galego tamén aproveitou o encontro para trasladar ao presidente da institución provincial os avances na recuperación do Pazo de Lourizán para “darlle unha segunda vida”. Hoxe, nunha reunión do xurado, confirmáronse os 8 finalistas das 33 ideas que se presentaron ao concurso, que terán que presentar as súas propostas concretas a finais de setembro. A partir de aí, elixirase a proposta gañadora. Estímase que se investirán 18 M? ata 2026 e a idea, tal e como apunto Rueda, é “iniciar as obras o vindeiro ano”.

O presidente da Xunta tamén valorou que a Deputación se una á reclamación conxunta para demandar a alta velocidade ferroviaria entre Galicia e o Norte de Portugal. “Agradezo moitísimo a disposición da Deputación para impulsar con nós, xunto con outras moitas administracións e entidades, estar vixiantes nos prazos dunha infraestrutura decisiva para Galicia e, especialmente, para a provincia de Pontevedra como é a Saída Sur de Vigo”, explicou Rueda. Así mesmo, sinalou as “moitas adhesións” que xa está a ter o manifesto que se asinou onte no país veciño, o cal ten comprometido o fin das obras para 2032.Ademais, o titular do Goberno galego indicou que “dentro da ambiciosa política de desenvolvemento de parques empresariais que ten a Xunta”, na provincia de Pontevedra existen 11 ou en proxecto ou en execución e varios deles precisan de “colaboración e coordinación decidida da Deputación”, sobre todo en canto a infraestruturas conexas e estradas provinciais. Así, reclamou “axilidade dos permisos de conexión de estradas provinciais” para os parques empresarial de Louredo (Mos–Redondela), o de Fragamoreira (Poio) e o de Chan de Amoedo (Pazos de Borbén).Tras a reunión, Rueda tamén quixo destacar a coordinación en emerxencias que “estamos tendo de xeito exemplar nas catro provincias” e valorou que a Deputación asinase por primeira vez este ano un convenio en materia de prevención de incendios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN