Xunta de Galicia

Rueda convida ás empresas a apostar por Galicia como polo de talento e innovación e aposta por superar o reto demográfico a través dun emprego de calidade

Rueda convida ás empresas a apostar por Galicia como polo de talento e innovación e aposta por superar o reto demográfico a través dun emprego de calidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Agradece o compromiso de SDG con Galicia, destacando que o 10 % dos traballadores son galegos retornados

Lembra que a comunidade será a primeira en dispoñer dunha lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial

O Goberno galego está a utilizar os beneficios desta tecnoloxía para modernizar o sistema público de emprego, con ferramentas como EMi, un software pioneiro en España e en Europa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo hoxe un chamamento ás empresas a apostar por Galicia como un polo de talento e innovación e apostou por contribuír a superar o reto demográfico a través do fomento dun emprego de calidade.Así o manifestou durante unha visita á sede do grupo SDG en Santiago de Compostela, onde se anunciou que dita sede será a base de operacións do novo

de Intelixencia Artificial da compañía. Neste sentido, Rueda, que estivo acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, agradeceu a aposta desta empresa por Galicia, xa que esta iniciativa permitirá liderar proxectos de intelixencia artificial a nivel autonómico, estatal e europeo.Ademais, subliñou que este proxecto será un polo de atracción e captación de talento local e internacional, duplicando na comunidade o cadro de persoal actual da empresa – con entre 120 e 150 novos traballadores–. O titular do Executivo galego destacou que o 10 % dos traballadores actuais son galegos retornados. “Queremos que todo o mundo poida regresar á súa terra”, sinalou Rueda, quen subliñou a importancia da atracción de talento cara á comunidade. “Queremos que se estableza aquí e que siga facendo crecer todas as novas formas de traballar” indicou.Neste eido, a Xunta, que está comprometida co mantemento dun mercado laboral dinámico e inclusivo, conta coa Estratexia Galicia Retorna 2023/26, que ten como obxectivo lograr o regreso de 30.000 galegos e galegas.Neste sentido, o novo

axudará a seguir avanzando na carreira pola innovación e a creación de emprego de calidade, ao tempo que contribúe a recuperar e atraer talento e fixar poboación, tanto na cidades como no rural galego, a través da flexibilidade laboral.A aposta de SDG pola IA súmase, deste xeito, á que está a realizar a Administración autonómica en diferentes eidos, como na modernización do sistema público de emprego, con ferramentas como EMi, un software pioneiro en España e en Europa dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e coa que se busca cubrir as demandas das empresas en relación coas necesidades de man de obra, así como atender ás persoas que están buscando traballo activamente.Rueda destacou así as grandes oportunidades que supón a intelixencia artificial á hora de seguir situando á comunidade como referente tecnolóxico e lembrou que Galicia será a primeira comunidade autónoma en dispoñer dunha lei para o desenvolvemento e impulso desta tecnoloxía.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN