Xunta de Galicia

Rueda destaca a importancia do sector automobilístico para a riqueza e o emprego de Galicia

Rueda destaca a importancia do sector automobilístico para a riqueza e o emprego de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Encomia o labor de todas as compañías do sector industrial

Recorda as axudas que se fan desde o Goberno galego para apoiar a transición cara a unha mobilidade sostible

Actualmente están abertas dúas liñas de axudas que suman 18 millóns de euros, e está preto de aprobarse o Plan Director para a Automoción

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia que ten o sector automobilístico para a xeración de riqueza e de emprego en Galicia.Así o fixo durante a visita á sede de Vigo de ZF Lifetec, con motivo do cincuenta aniversario da compañía. Durante o acto, o presidente encomiou o labor de ZF Lifetec e de todas as empresas que forman “a Galicia Potente”, remarcando a importancia de trasladar o feito aquí a moitos lugares: “O que é bo para Galicia, é bo para moitos sitios. Por tanto, tentemos que todas as cousas boas que se poidan saian desde aquí”, apuntou.Na súa intervención, o presidente recordou as axudas que se fan desde o Goberno galego para apoiar o crecemento deste sector, ao que considerou de prioridade máxima para o seu Executivo: “Para acertar hai que escoitar. E hai que saber onde hai que priorizar e onde hai que poñer os recursos. E aquí é o momento de arriscar, o momento de dicir si”, asegurou.Actualmente están abertas dúas liñas de axudas extraordinarias para apoiar a transición cara a unha mobilidade sostible, que suman en total 18 millóns de euros. E está preto de aprobarse o documento inicial do Plan Director para a Automoción, que vai na liña de impulsar e consolidar a industria galega aumentando a súa competitividade.Por último, Rueda deu os seus parabéns á compañía polo cincuenta aniversario, e animou a todos os empregados e directivos a seguir traballando día a día por unha Galicia máis próspera e en servizo de todos os cidadáns.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN