Xunta de Galicia

O Sergas publica os admitidos no proceso de estabilización por concurso de méritos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

O Sergas publica os admitidos no proceso de estabilización por concurso de méritos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Foron admitidos 379 participantes para 50 prazas

O Diario Oficial de Galicia tamén recolle as puntuacións provisionais deste proceso

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde na que se recollen, con carácter definitivo, os admitidos e excluídos no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatuario. Así mesmo publícanse as puntuacións provisionais destes procesos selectivos que foron convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022. Neste proceso ofértanse un total de 50 prazas para diversas categorías de persoal estatutario: 5 corresponden ao grupo administrativo da función administrativa; 2 ao de xestión da función administrativa; 7 ao de técnico da función administrativa; 1 a persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais; 17 a persoal técnico superior; 2 a persoal técnico superior en prevención de riscos laborais; 4 a técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; 3 a técnico grao medio; e 8 a traballador social. Foron admitidos, con carácter definitivo, un total de 379 aspirantes, dos que 79 corresponden ao grupo administrativo da función administrativa; 53 ao de xestión da función administrativa; 76 a técnico da función administrativa; 7 a persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais; 17 a persoal técnico superior en prevención de riscos laborais; 44 a persoal técnico superior; 24 a técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; 6 a técnico de grao medio; e 73 a traballador socialAs listas coa relación definitiva de admitidos e excluídos e a baremación provisional coa información que permitirá verificar a correcta aplicación do criterio de desempate establecido nas bases da convocatoria dos procesos selectivos, coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, atópanse publicadas, á disposición dos usuarios, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (

).Cada aspirante poderá consultar o estado da solicitude, ademais da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient–e/sección de procesos/concurso de méritos. Contra os resultados da baremación provisional, os aspirantes admitidos disporán dun prazo de reclamacións de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG (do 2 ao 19 de agosto, ambos incluídos). Os aspirantes seleccionados poden dirixir todas as súas dúbidas e consultas relacionadas con estes dous procesos selectivos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación nin recurso.Con esta resolución, o Servizo Galego de Saúde publicou xa a baremación provisional dos procesos de estabilización convocados por concurso de méritos para un total de 94 categorías de persoal estatutario, restando só a publicación da baremación de 3 categorías de persoal investigador. Para as categorías de enfermeiro e médico de familia de atención primaria o proceso selectivo de concurso de méritos xa finalizou e os profesionais incorporáronse ao seu destino con carácter fixo entre os meses de novembro de 2023 e febreiro de 2024. Nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería os profesionais xa realizaron a elección de destino, restando só o nomeamento e toma de posesión.Nos procesos selectivos convocados mediante concurso oposición para un total de 56 categorías de persoal estatutario xa se rematou a fase de oposición para todas as categorías, agás a de médico de familia de atención primaria, que realizou o exame de oposición o pasado 23 de xuño de 2024. Restaría por realizar nestes procesos selectivos a fase de concurso e a elección de destino.Estes procesos de selección fixa está previsto que se resolvan antes de finalizar este ano e teñen por obxecto controlar e reducir a taxa de temporalidade no Sistema Sanitario Público de Galicia e acadar unha taxa por debaixo do 8%, como marca a Lei 20/2021, do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN