Xunta de Galicia

O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos

O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para posibilitar o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación

O concertos tamén financiarán todos os custos de persoal derivados da dispoñibilidade para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais

O Servizo Galego de Saúde e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo veñen de asinar unha nova prórroga dos concertos subscritos entre estas institucións para o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación. O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para renovar unha colaboración que ten por obxectivo acadar a excelencia formativa dos futuros profesionais sanitarios. Neste senso, a Xunta incrementa este ano nun 10%, en 516.592 euros, a partida destinada ao conxunto destes concertos. Os convenios de cooperación entre o departamento sanitario da Xunta e as universidades galegas estenderanse desde o 1 de xullo do ano 2024 até o 30 de xuño de 2025. O Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas manteñen esta colaboración desde o ano 2001, establecéndose uns acordos que posibilitan que os profesionais do Sergas compatibilicen a súa actividade asistencial coa actividade docente e investigadora. O orzamento destes acordos está destinado a financiar todos os custos de persoal derivados da dispoñibilidade para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais, así como o cumprimento dos acordos e obxectivos específicos adquiridos coa colaboración, entre os que destacan: a formación do alumnado das especialidades das Ciencias da Saúde e o obxectivo conxunto de acadar uns mellores profesionais sanitarios e a máxima calidade asistencial para a poboación.A Xunta ratifica o seu compromiso coa formación do alumnado, ao poñer á disposición do sistema universitario galego todos os recursos dos que dispón o Servizo Galego de Saúde.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN