Xunta de Galicia

Villares anuncia ás confrarías que a Xunta xa ten en marcha a convocatoria de axudas de 1,75 M? para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños

Villares anuncia ás confrarías que a Xunta xa ten en marcha a convocatoria de axudas de 1,75 M€ para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Desta cantidade, o 57% corresponde á aportación da anualidade de 2024 e o 42,8% restante á de 2025. Como novidade serán subvencionables os traballos de restauración realizados directamente polos mariscadores

Están destinadas a fomentar unha pesca sostible, á conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, mediante o desenvolvemento de actividades de protección dos hábitats, incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución de especies

Dende 2019 rexeneráronse máis de 10 millóns de m2 e as entidades beneficiarias levan sementados ao redor de 277 millóns de unidades de ameixa

A Xunta de Galicia destina 1.750.000 euros para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables. A convocatoria de axudas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimos de Pesca e Acuicultura (FEMPA), xa está en marcha e foi dada a coñecer este luns polo conselleiro do Mar aos representantes das federacións galega de confrarías e das tres provinciais. No encontro de traballo tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde.O 57,14%, é dicir, 1 millón de euros, distribuirase en 2024, e o 42,8% restante, 750.000 euros, en 2025. Estas axudas están destinadas a fomentar unha pesca sostible e á recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, co obxectivo de contribuír á protección e á recuperación da biodiversidade e os ecosistemas acuáticos mediante o desenvolvemento de actividades de medidas de protección do medio mariño e de restauración dos ecosistemas incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución de especies.O importe máximo subvencionable por proxecto será de 75.000 euros e a intensidade da axuda pode acadar o 100% do investimento. No marco destes proxectos considéranse subvencionables actuacións como redacción de proxectos técnicos cando o esixa a normativa aplicable; a contratación de empresas, profesionais ou entidades prestadoras de servizos para realizar accións como limpezas, remocións ou emendas do substrato, dragaxes, achegas ou traslado de áridos, eliminación de obstáculos que modifican as correntes, prevención, control e eliminación de especies exóticas invasoras, rareos, traslados ou sementeiras de especies marisqueiras; adquisición de equipos e material necesario, así como de semente de especies marisqueiras autóctonas en zonas onde se teña constatado un fallo no recrutamento natural das especies obxectivo, polo menos no último ano e sempre que esta semente proceda exclusivamente de criadeiro.Así, unha das novidades máis reseñables desta convocatoria é que se poden incluír aqueles traballos de restauración da biodiversidade realizadas directamente polos mariscadores con permiso de explotación en vigor, sempre que non sexan labores propios da actividade marisqueira ordinaria e ata un límite máximo do 20% do orzamento do proxecto.No que respecta á convocatoria de 2023, beneficiáronse 27 entidades. As actuacións estiveron centradas en hábitats costeiros de importancia para a reprodución de organismos mariños con dragados e aporte de áridos en máis de 138.281 m2 ou remoción de substrato en 1,8 millóns de m2; a repoboación de especies autóctonas de bivalvos en 221.951 m2 de superficie e con case 14 millóns de unidades de semente de ameixa babosa. Dende 2010 rexeneráronse máis de 10 millóns de m2 e as entidades beneficiarias levan sementados ao redor de 277 millóns de unidades de ameixa.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN