Xunta de Galicia

A Xunta adscribirá o Colexio Novo Mesoiro ao IES A Sardiñeira, con transporte escolar gratuíto para o alumnado que así o decida

A Xunta adscribirá o Colexio Novo Mesoiro ao IES A Sardiñeira, con transporte escolar gratuíto para o alumnado que así o decida

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila, explica ante a Comisión 4ª do Parlamento as obras que se están desenvolvendo no instituto

Tamén avanzou a remodelación da aula do semi–soto e a súa adecuación como aula de tecnoloxía e a reforma do laboratorio

Paralelamente están executándose as obras das cubertas por un importe de máis de 40.000 euros, coa previsión de que estean rematadas antes do inicio do curso

O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila, anunciou hoxe a adscrición “de facto” do Colexio CEIP Novo Mesoiro ao Instituto IES A Sardiñeira da Coruña, unha decisión que é froito “das escoitas e das demandas” da comunidade educativa.Segundo explicou ante a ante a Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, esta adscrición, que será oficial unha vez que se aprobe na Xunta Provincial de Directores, leva aparellado o servizo de transporte escolar gratuíto para os alumnos do Colexio Novo Mesoiro que decidan continuar os seus estudos no instituto do barrio dos Mallos.A nova enmárcase no compromiso do Goberno galego por ofrecer unha educación de calidade, tanto desde a perspectiva académica e pedagóxica como de servizos e de infraestruturas escolares axeitadas.Precisamente no eido da mellora das infraestruturas, Manuel Vila anunciou o acondicionamento da aula do semi–soto como aula de tecnoloxía e a reforma do laboratorio, unha actuación que terá un coste estimado de arredor de 50.000 euros e que a Consellería traballa para poder realizar durante este verán.Paralelamente, desde o pasado mes de xuño xa se está executando o cambio de cuberta do edificio de Formación Profesional,así como outras actuacións na cuberta dos edificios do instituto, por un importe de máis de 400.000 euros.A actuación, que está previsto que estea rematada antes do inicio do curso, abrangue a retirada do actual teito e a colocación dun panel para evitar a filtracións de auga, así como a limpeza e impermeabilización dos canlóns e a substitución das baixantes. No que atinxe ao edificio do IES e o edificio anexo do ximnasio, levarase a cabo a limpeza da cuberta e a impermeabilización dos soportais e a renovación e protección de baixantes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN