Xunta de Galicia

A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros

As achegas apoian a asistencia dos obradoiros a feiras de todo o mundo, ademais de financiar a organización destes eventos desde concellos ou asociacións de artesáns

A orde –que en 2023 acadou case 80 entidades beneficiarias– responde á importancia do sector en Galicia tanto no plano social e cultural como no económico

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañados pola directora da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron o taller de artesanía de José Catoira, onde animaron ás artesás e artesáns da Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da artesanía de Galicia da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Esta orde de axudas está dotada cun crédito orzamentario de 265.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes finaliza o próximo 29 de xullo.“Con esta liña de axudas o Goberno galego apoia a asistencia dos talleres artesanais a feiras de calquera ámbito territorial o que lles permite abrir novos mercados á vez que incrementar as súas vendas e asegurar así a viabilidade dos seus negocios”, sinalou Belén do Campo. Durante a visita coñeceron as pezas deste artesán especializado na construción e restauración de violíns, violas e violoncelos que recibiu o pasado ano unha achega desta convocatoria autonómica de preto de 4.500 euros para apoiar o seu traballo.Estas axudas, das que se poden beneficiar os talleres artesanais, os Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector, concédense en réxime de concorrencia competitiva e poden alcanzar o 80% do investimento subvencionable. No caso dos talleres profesionais, como o de José Catoira, a Xunta apoia a asistencia a feiras profesionais ou non profesionais de artesanía, de ámbito nacional e internacional, por parte de obradoiros artesáns da nosa Comunidade, financiándolles cuestións como o alugueiro do espazo expositivo, seguros, servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento das feiras, servizos de tradución e transporte profesional do material expositivo, entre outros. Os obradoiros beneficiarios poderán recibir unha subvención máxima de 8.000 euros a través de tíckets por feira que irán dos 400 euros de mínimo en feiras non profesionais aos 3.000 euros de máximo en feiras profesionais, pasando polos 1.500 euros para feiras de Nadal. Así mesmo, outórganse axudas a concellos e asociacións profesionais ou empresariais de artesáns e artesás para que organicen feiras en Galicia que poñan en valor os distintos oficios ao tempo que os obradoiros implicados aumentan vendas. En concreto, subvenciónanse gastos de infraestrutura, servizos feirais e de publicidade, entre outros. Os concellos poderán recibir unha axuda máxima de 15.000 euros, sendo esta a cantidade fixada para as feiras monográficas de artesanía. Se non son monográficas, o importe varía segundo os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que participen. No caso das asociacións de artesáns, poden chegar aos 18.000 euros de achega con feiras de 30 obradoiros involucrados e tamén poden optar a apoios para manter as súas páxinas web, maiores segundo o número de inscritos de Artesanía de Galicia que representen. Cómpre engadir que o ano pasado beneficiáronse desta convocatoria un total de 78 entidades, practicamente a totalidade delas obradoiros artesáns que puideron grazas ás achegas asistir a feiras nacionais e internacionais para impulsar os seus proxectos. No caso da comarca da Coruña foron 13 as artesás e artesáns beneficiados dos concellos da Coruña, Oleiros, Carral, Oza–Cesuras, Cambre, Paderne, Bergondo e Miño, con axudas de preto de 30.000 euros.Enlace orde:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín