Xunta de Galicia

A Xunta fixa os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a investimentos en infraestruturas de carácter estratéxico

A Xunta fixa os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a investimentos en infraestruturas de carácter estratéxico

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica a orde que concreta os criterios de reparto dunha dotación de case 8,5 millóns de euros para esta liña de acción

Ao abeiro desta medida, os concellos poderán recibir financiamento de ata o 50% do importe total dos proxectos cun límite de 700.000 euros

A contía total do Fondo de Cooperación Local ascende a 152,3 millóns de euros coa suma do fondo base e o adicional

O

publica hoxe a orde pola que se establecen os criterios de reparto do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local (FCL) destinado a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico. A dotación para esta liña de acción ascende a case 8,5 millóns de euros.No marco desta medida, considéranse estratéxicos os proxectos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal. Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito local ou comarcal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial da zona, así como os que desenvolvan investimentos en infraestruturas previstos nun plan estratéxico aprobado pola entidade local.En todo caso, o orzamento mínimo do proxecto debe ser de 500.000 euros e o financiamento da Xunta non superará o 50% do importe total, co límite de 700.000 euros por cada proxecto estratéxico.Segundo a orde publicada hoxe, os aspectos que se van ter en conta na valoración para a concesión das axudas son a xustificación do carácter estratéxico do proxecto, a identificación da repercusión económica e social, así como da transcendencia económica ou industrial, e a repercusión territorial sobre o ámbito supramunicipal ou comarcal. Puntuaranse tamén en maior medida as propostas presentadas por agrupacións de concellos ou mancomunidades.Os concellos interesados en optar ás axudas de xeito individual ou conxunta, deberán presentar a solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta (

) no prazo dun mes contado a partir de mañá. Xunto coa solicitude deberán achegar documentación do proxecto, memoria xustificativa do seu carácter estratéxico e memoria económica. En 2024 os concellos verán incrementado o apoio que supón o Fondo de Cooperación Local, dotado neste exercicio con 152, 3 millóns de euros, un 6% máis que en 2023. Deste total, máis de 39 millóns de euros correspóndense co fondo adicional, destinado aos servizos que máis demandan os concellos e nos que se integran os 8,5 millóns de euros destinados a proxectos estratéxicos. Tendo en conta o conxunto de medidas de apoio do Goberno galego ás administracións locais, entre as que están o FCL, a cifra global supera este ano os 600 millóns de euros, 38 millóns máis que no exercicio anterior, cando xa se rexistrara unha cifra récord.Cómpre lembrar que un dos fitos fundamentais na relación coas entidades locais produciuse en 2011, cando se garantiu por lei a participación mínima dos concellos nos orzamentos da Xunta a través do Fondo de Cooperación Local. A través do FCL, a Xunta trata de compensar o desfase que ocasionan as particularidades dos municipios galegos como son a demografía ou a dispersión xeográfica. Por iso, o Goberno galego vén reclamando ao Executivo estatal a definición dun novo modelo de financiación autonómica que teña en conta as particularidades de cada territorio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00h | 27 nov 2024 | boletín